Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

VISITA DE CARLOS LABRAÑA

12/05/2022 10:26
Europe/Madrid

O pasado martes recibimos a Carlos Labraña, dramaturgo cedeirés que chegou ao noso cole sendo un trasno qu non sabía ler e marchou sendo un escritor prolífero de teatro para nenos/as. Foi unha xornada incríble chea de diversión, sorpresas, imaxinación, creatividade,....Comezamos atopando un cofre do tesouro cheo de libros, pasamos logo a xogar a "maquina de crear contos e tamén fixemos lecturas teatrais. Dámoslle as grazas a Carlos por ensinarnos tantas cousa sobre o teatro e a interpretación.

Aquí vos deixamos unhas fotos dalgúns momentos da mañá. Estade atentos/as, subiremos un video coas actividades da Semana do Libro 

         

"REMEXENDO NO PASADO"

29/04/2022 17:47
Europe/Madrid

Este curso no cole de Cariño decidimos remexer nos oficios do pasados, aqueles traballos que se realizaron durantes moitos anos, mais agora parece que están a piques de desaparecer. O equipo de Dinamiación do galego organizou unha exposición e pediuvos a vosa axuda, pois aquí vos deixamos o resultado. ESTAMOS MOI AGRADECIDOS/AS POLA VOSA COLABORACIÓN. 

                                                       

 

                                                   

SEMANA DO LIBRO CON MOTIVO DO 23 DE ABRIL "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR"

29/04/2022 14:09
Europe/Madrid

*Sabías que o día 23 de abril é un día simbólico para a Literatura Mundial??? Contámosvos o por que??? Pois ben, foi elexido este día como "DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DOS DEREITOS DO AUTOR" porque o 23 de abril de 1616 morreron Miguel de Cervantes, Shakespeare e o Inca Garcilaso de la Vega, grandes escritores da literatura universal. Hai que contar Cervantes en realidade morreu o 22 de abril, pero foi enterrado o 23 (calendario gregoriano), e encanto a Shakespeare, ese 23 de abril corresponde ao calendario xuliano, vixente en Inglaterra naquela época polo que non é exactamente o23 de abril do calendario gregoriano.

 

Nós, para celebralo, programamos algunhas actividade como as que vedes máis abaixo

                                                    

                

"O FARO DO ORTEGAL SEMANA DA PRENSA

27/04/2022 11:10
Europe/Madrid

Ola, aquí vos deixamos unha presentación doutra das actividades que realizamos na nosa biblioteca para celebrar a SEMANA DA PRENSA.

Concurso para a creación do logo do Colexio de Cariño

04/04/2022 15:08
Europe/Madrid

O Colexio de Cariño convoca un concuros aberto a toda a comunidade educativa para a creación dun logotipo para o noso centro.

Expoñemos a continuación as bases do concurso.

Ánimo a todo o mundo! Participade!

 

CAMPAÑA SOLIDARIA MARIOLA- RECOLLIDA DE ROUPA E CALZADO

23/03/2022 10:45
Europe/Madrid

A partir de hoxe  podedes deixar no salón de actos do cole  as bolsas con roupa e calzado usados. Mariola Solidaria( www.csmariola.com) é a empresa que xestiona a materia recolectada de xeito que se proceda ao seu tratamento en centros de clasificación e reciclado. Unha vez procesado todo o recollido dedícanse parte dos beneficios obtidos durante o proceso de xestión á financiación de proxectos humanitarios dirixidos pola ONG Global Humanitaria (nº rexistro 585703) na India. Durante a campaña que se realizará en 2022 o proxecto con que a Campaña Solidaria Mariola vai colaborar inicalmente é : "RIGHT TO EDUCATION" en BENGALA OCCIDENTAL INDIA que consiste na posta en marchade 21 centros de reforzo educativo suplementario para nenos e nenas de Primaria e Preesciolar das zonas deprimidas de Murshidabad e Sunderbands.

                                                                        GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN!!!!

Distribuir contido