Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Secretaría

MIL GRAZAS EVA

28/10/2022 19:41
Europe/Madrid

 

Hoxe Eva, antigua propietaria de Cadena 100, fixo unha fantástica doazón de disfraces e complementos para os nosos nenos/as. A nós como colexio non nos pode vir mellor todo este material, xa que estamos ideando e organizando uns recunchos de xogo simbólico a través dos disfraces, que estarán situados tanto na biblioteca como no espazo "Como me gusta Argallar". Ademais, este ano, con motivo desta acción de Eva, os/as nenos/as que participaron no concurso de cabazas de Samaín poideron levar un agasallo elexido entre as cousas que ela nos trouxo.

Queremos deixar constancia do agradecemento a esta persoa, que de xeito altruista pensou no noso alumnado como beneficiario deste magnifico agasallo, que lles servirá para seguir desenrolándose e aprendendo a través do xogo.

MIL GRAZAS EVA NO NOME DOS/AS NENOS/AS!!!

Aquí tedes algunhas fotos de cousas doadas:


.                      

PATIOS DINÁMICOS

25/10/2022 13:20
Europe/Madrid

Queremos que vexades como se están a transformar os nosos espazos de lecer, un camiño que comeza o seu percorrido o curso pasado ca pretensión de mellorar e facer que os nenos/as atopen o seu lugar de goce neles.

           

     

INFORMACIÓN SOBRE EDIXGAL PARA AS FAMILIAS DE 5º E 6º DE PRIMARIA

13/10/2022 00:40
Europe/Madrid

As familias de 5º e 6º curso de Primaria poden atopar información sobre Edixgal na seguinte ligazón.

 

INFORMACIÓN EDIXGAL

BENVIDA: “VOLTA AO COLE 8 DE SETEMBRO 2022"

07/09/2022 11:45
Europe/Madrid
Estamos dentro xa dun novo ano académico no que os mestres e mestras do colexio de Cariño esperamos con entusiasmo e ilusión poder camiñar, ensinar e

aprender xunto aos nosos nenos/as no novo curso.
Deste xeito queremos dar a benvida a toda a nosa Comunidade Educativa e, de maneira especial ao

alumnado que vai a compartir con nós de xeito máis directo esta nova experiencia,un novo curso escolar, onde esperamos poidan seguir despregando a

súa creatividade, a súa imaxinación, onde expresen as súas emocións, onde sigan adquirindo aprendizaxes, en definitiva, onde seguirán desenrolando todo

o potencia que posúen, aquí, neste lugar, onde ademais pretendemos que aprendan a aceptar, a incluir e a integrar as diferenzas, un lugar onde Eles e Elas

“Poden Ser”.

 

ORGANIZACIÓN ENTRADAS- SAÍDAS 8 de SETEMBRO

07/09/2022 11:01
Europe/Madrid
ORGANIZACIÓN ENTRADAS- SAÍDAS  8 de SETEMBRO

Entrada 

Educación Infantil

4º de EI- entrarán segundo establecido no período de adaptación.

5º de EI- entrarán ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de EI, onde estará agardando a súa titora.

6º de EI- entrará ás 10:00 polo portalón do patio cuberto acompañados das súas familias e dirixiranse á porta que da acceso ás aulas de EI, onde estará agardando a súa titora. Educación Primaria

O alumnado de Educación Primaria poderá entrar no recinto ás 9:25, momento en que se abrirá o portalón. Os nenos/as entrarán ata a porta principal do cole onde serán

recibidos polos seus titores/as que os acompañarán ata as súas respectivas aulas. Se veñen coas mochilas cargadas de libros serán os mestres especialistas os que se

encarguen de facelas chegar ás clases.
Saída Educación Infantil
4º EI- sairán segundo o establecido no período de adaptación.

5º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as.
6º EI- ás 14:20 abrirase o portalón principal e as familias poderán acceder ao patio cuberto onde recollerán aos seus fillos/as. Educación Primaria O alumnado de EP sairá ás 14:30 pola porta principal se é recollido polas familias que agardará no exterior do recinto escolar, e polo patio cuberto se é usuario de transporte.

No caso de que algún/ha alumno/a transportado teña que ser recollido pola familia, esta deberá facelo esperando fóra do recinto onde estacionan os autobuses. Neste caso

debe comunicarse ao titor/a.
IMPORTANTE: o transporte funcionará no horario habitual. O alumnado transportado será atendido polo profesorado dende o momento que chegue ao centro.

 

LISTAXES DE PERSOAS BENEFICIADAS COA AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES) E FONDOLIBROS (3º E 4º)

01/07/2022 10:11
Europe/Madrid

PERSOAS BENEFICIADAS COA AXUDA PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (VALES)
Desde hoxe, 1 de xulio de 2022 están publicadas as listaxes. Poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


A partires do día 4 dexullo e ata o 15 de xullo poderán recoller os vales no colexio, en horario de 11:00 a 13:30. Os vales que non se recollan nestas datas serán entregados en setembro.


As persoas ás que non se conceda a axuda por erros na documentación, ou as que detecten algún erro no vale, terán 10 días desde a publicación da listaxe para emendar as deficiencias ou presentar a documentación necesaria.

 

 

PERSOAS BENEFICIADAS CON LIBROS DO FONDO SOLIDARIO (3º E 4º)

Publicación da listaxe provisional de solicitudes admitidas e de solicitudes excluídas: 1 de xullo de 2022. As listas poderanse consultar no vestíbulo do centro. Non se facilitará información relativa ás mesmas por teléfono.


As persoas interesadas poderán formular reclamacións ata o día 6 de xullo de 2022.


Publicación das listaxes definitivas: 7 de xullo de 2022.


Entrega dos libros ao alumnado: ao inicio do curso escolar en setembro.

Distribuir contido