Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

DÍA DOS OCÉANOS -SAÍDA Á PRAIA DA BASTEIRA.

13/06/2022 18:14
Europe/Madrid

O día 8 de xuño celebrase o Día Mundial dos Océanos. Sabemos que o oceáno cubre máis do 70 % do Planeta, que é a nosa fonte de vida e sustento da humanidade e de todos os demais organismos da terra. Por todo iso e máis, Nós ,aínda que o día 9 de xuño e  por segundo ano consecutivo, quixemos axudar a protexer o noso mar e as nosas praia porque consideramos que todos debemos poñer o noso grao de area, os xestos son necesarios para conseguir un mar limpo, un mundo mellor. Proba de que é necesario é que o océano produce ao menos o 50% do osíxeno do Planeta, alberga a maior parte da biodiversidade da Terra e é a principal fonte de proteinas  para máis de mil millóns de persoas en todo o mundo. Que máis necesitamos saber para concienciarnos de que temos a misión de conservar a vida no mar para as futuras xeracións. Por todo o anterior, saimos á Basteira co fin de limpala e comprobar se existen microplásticos ocultos entre os graos de area. Sorprendimos positivamente cando comprobamos que a praia estaba bastante limpa, e cando fixemos o peneirado de area deunos como resultado que non había microplásticos tan perxudiciais para os peixes e indirectamente para o ser humano. Sentimonos moi ledos/as!!!. Tamén aproveitamos para xogar na zona das dunas e na beiramar. O sol acompañounos, quizais demasiado, pero resultou unha xornada de convivencia divertida, instrutiva,  emocional e de fomento de valores para educar aos nosos/as rapaces/zas.