Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Educación Física

Campaña de vela e windsurf 2021

04/06/2021 15:09
18/06/2021 23:59
Europe/Madrid

A Deputación da Coruña, en colaboración co concello de Cariño, organiza unha "campaña de vela e windsurf" para a iniciación e realización de práctica de navegación a vela.

Para o concello de Cariño as datas asignadas son de 5 a 9 de xullo, prazo de inscrición do 1 ao 18 de xuño.Dirixido a nenas e nenos empadroados na provincia, nacidos entre o 1 de xaneiro de 2003 e o 31 de decembro de 2012 ambos inclusive.

Requisitos:

  • Saber nadar.
  • Facer un pago de 25 euros.

 

Máis información:

Concello de Cariño https://www.concellodecarino.gal/campana-de-vela-2021/

Deputación da Coruña https://www.dacoruna.gal/deportes/campana-vela

Formulario de inscrición e información.

Proxecto saúde: rutas.

12/06/2021
Europe/Madrid

Proxecto saúde

Planificamos, deseñamos e sinalizamos rutas no concello de Cariño. Se atopas un dos nosos marcadores apunta co teu teléfono móbil ao código e poderás ver o mapa da ruta, imaxes de sitios, puntos de interese e outras informacións.
 

Carreira campo a través

03/02/2020 09:30
Europe/Madrid

 


Atención: Esta actividade aprázase para o luns 3 de febreiro, se a choiva o permite.


 

 

O vindeiro 31 de xaneiro de 2020 participaremos nunha proba de "Campo a través" que se celebrará en Atios, Valdoviño, preto do campo de fútbol.

Hora de saída: 9:30 desde o colexio.

Hora de regreso: 13:30 ao colexio.

Participantes: equipos de 2º,3º,4º,5º e 6º.

As persoas participantes deberán levar roupa e calzado deportivo. Tamén recomendamos levar unha camiseta e calcetíns para cambiarse.

 

[Fotografías da actividade na nosa galería de imaxes]

Festival das danzas tradicionais do mundo.

30/01/2020 11:00
Europe/Madrid

Con motivo da conmemoración do día escolar pola Paz celebramos o noso XIX Festival das danzas tradicionais do mundo.

Unha das mellores formas de respecto entre as persoas é coñecer as súas tradicións.

O alumnado bailará danzas tradicionais de diferentes países. imaxe do mundo no que se amosa o nome das danzas, o país e o grupo que as baila. 

Cores para as danzas:

4ºInfantil: Branco , 5ºInfantil:Laranxa, 6ºInfantil:Vermello, 1ºA:Blanco, 2ºA:Negro, 3ºA:Cadros, 4ºA:Azul, 5º:Vermello ou negro, 6ºA:Azul ou Branco.

 

[ Fotografías do acto na nosa galería de imaxes ]

 

Xogando na auga 2019

17/09/2019 09:30
17/09/2019 13:30
Europe/Madrid

 

 

 icona sen informaciónXa están dispoñibles as fotografías da actividade:

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipmanuelfraga/galeria/thumbnails.php?album=244


 

A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 17 de setembro,

logo da actividade

en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.

A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30


Condicións para participar na actividade:

  • Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
  • Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
  • Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.

 
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.

 

Para saber máis:

https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga

Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8

Andaina pola contorna natural

19/06/2019 09:40
19/06/2019 13:30
Europe/Madrid

gráfico no que se amosa o percorrido da andaina.

O vindeiro mércores 19 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural, desde o monte Faroleiro ata o colexio. Participa o alumnado de cuarto e quinto.

 

 Descrición da actividade.

 Data: 19 de xuño de 2019.

Saída desde o colexio:  9:40

Regreso ao colexio: 13:30 aprox

Distancia: aprox. 7 km

Dificultade: baixa.

Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.

 

Requisitos para o alumnado.

Levar calzado adecuado para camiñar por sendas de terra, e unha gorra.

Poden levar unha pequena merenda e auga.

 

Percorrido.

Traslado desde o colexio en autobús ata o mirador de Malveira.

Subida polo camiño de terra ata A Vacariza.

Descenso polo camiño do Cristo de Barbas en dirección Vilar - Barreiros.

Chegada ao colexio.

 

 

Distribuir contido