Saltar navegación.
Colexio Público de Cariño

Educación Física

Xogando na auga

26/11/2018 09:30
Europe/Madrid

imaxe co logotipo da actividade, non aporta información

 A Santiago de Pantín Surf School organiza o día 26 de novembro, en Cedeira, unha actividade na que os nenos e nenas de quinto e sexto poden practicar piragüismo e vela baixo a supervisión de monitores.

A hora de saída será ás 9:30 desde o colexio, e o regreso aproximadamente ás 13:30


Condicións para participar na actividade:

  • Deben levar bañador ou pantalón corto (ou algo que non empape moito)
  • Tamén necesitan roupa e calzado para cambiarse, xa que polo tipo de actividade é previsible que acaben mollados.
  • Tamén deben levar un chuvasqueiro ou roupa de abrigo adecuada para a auga.

 
Aínda que utilizarán chalecos é imprescindible que saiban nadar.

 

Para saber máis:

https://galp.xunta.gal/es/a-marina-ortegal/actividades-de-vela-e-piraguismo-dentro-do-programa-xogando-na-auga

Vídeo: https://youtu.be/iv8t0D09vh8

 

 

Carreira Campo a través

00/00/
Array

O venres día 2 de febreiro participaremos nunha proba intercomarcal de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.

Lugar: Valdoviño.

Hora de saída desde o colexio: 10:00

Hora de regreso ao colexio: antes das 14:30

Categorías: desde benxamín ata infantil.

Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo para correr.

 

Xa temos fotos do evento na galería de imaxes

Andaina polo medio natural xuño 2017.

00/00/
Array

O vindeiro xoves 15 de xuño levaremos a cabo unha andaina polo medio natural.

Temos previstas dúas opcións en caso de que a néboa ou o vento sexan condicionantes:

Opción 1: Miradoiro de "A Miranda"

Opción 2: Serra do Faroleiro.

Descrición da actividade.

Data: 15 de xuño de 2017.

Saída desde o colexio:  10:00 h

Regreso ao colexio: 13:15 h

Dificultade: baixa.

Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.

Nesta ligazón tedes os mapas e máis información sobre a actividade.

 

icona dunhas árbores

Andaina polo medio natural xuño 2017. Descrición

00/00/
Array

Opción 1 : Miradoiro de "A Miranda"

Descrición da actividade.

Data: 15 de xuño de 2017.

Saída desde o colexio:  10:00 h

Regreso ao colexio: 13:15 h

Dificultade: baixa.

Estado dos camiños: bo estado, limpos , sen risco.

Percorrido.

1 - Saída andando desde o cruce de Zarza , ao que chegaremos en autobús.

Seguiremos polo camiño de terra da dereita.

2 - Miradoiro da Miranda.

Baixada polo camiño asfaltado.

Merenda.

Inicio do descenso ata o punto 3.

3 - Visita á estación depuradora-potabilizadora de auga.
Volta ao colexio desde este punto en autobús.

mapa da andaina

(Coa tecnoloxía de Google)

Ligazón ao mapa en Google Maps: https://www.google.es/maps/@43.7228499,-7.9064724,1890m/data=!3m1!1e3

Ligazón a StreetView: https://www.google.es/maps/@43.7161248,-7.9053509,3a,75y,70.23h,76.42t/data=!3m6!1e1!3m4!1sfE_3bevpYLeddir25T2gUw!2e0!7i13312!8i6656


Equipamento: roupa e calzado adecuado para camiñar por sendas de asfalto e terra.

Unha pequena merenda e auga.

 

 -----------------------------------------------------------------------------------------------------------------

Alternativa: San Xiao - Monte Faroleiro

mapa do Monte Faroleiro

 

1 - Comezamos a andaina pola senda de terra que leva a San Xiao desde o Miradoiro da Gabeira.

2 - Desde San Xiao subimos ao camiño asfaltado para dirixirnos ao cruce co camiño do Monte Faroleiro.

3 - Ascendemos polo "camiño dos mortos" en dirección á Vacariza pola senda da dereita.

4 - Desde A Vacariza camiñamos en dirección ao Cristo de Barbas.

5 - Desde o Cristo de Barbas seguimos con dirección a Vila.

6 - Fin da andaina.

Orientación deportiva

00/00/
Array

O venres 17 de marzo teremos unha charla sobre "Orientación deportiva" para os niveis de 5º e 6º de primaria.

Será a partires das 10:25 no Salón de actos.

E esta fin de semana non te perdas o III Raid de Orientación "Concello de Cariño"  ( http://fegado.es/events/view/rc68iofomv9c/ )

imaxe dun compas

 

Colabora: Concello de Cariño ( http://www.concellodecarino.gal/) e FEGADO ( http://www.fedo.org/web/ ).

 

Actividade deportiva en Moeche

00/00/
Array

Carreira de campo a través.

O venres 20 de xaneiro imos participar nunha proba deportiva na localidade de Moeche.

Alumnado: alumnas e alumnos das categorías benxamín, alevín e infantil ( desde 2º ata 6º de E. Primaria ) .

Hora de saída: desde o colexio ás 9:45.

Hora de regreso: tamén ao colexio en torno ás 13:30.

Lugar: campo de fútbol de Moeche.

 

Distribuir contido