Educación Física
Resumo de actividades 2018-2019
Enviado por Fran Macias o Dom, 2019-06-16 17:35Fotografías das actividades levadas a cabo na área de E. Física durante o curso 2018-2019.
Investigamos as etiquetas dos alimentos.
En internet: a publicidade dos alimentos.
Un misterio moi misterioso: 261
Participación nos xogos olímpicos de Cedeira.
Andaina pola contorna natural de Cariño
Xogos olímpicos en Cedeira
Enviado por Fran Macias o Xov, 2019-05-16 09:13O colexio de Cedeira organiza para o día 23 de maio unha xornada de promoción do atletismo para á que invitou a participar ao alumnado de quinto do noso colexio.
A hora de saída será as 9:30 desde o colexio, e o regreso antes das 14:30 tamén ao colexio.
Cada alumna e alumno debe participar en varias disciplinas de atletismo, agrupadas en carreiras, saltos e lanzamentos.
Asignáronnos a cor negra, polo que o alumnado deberá levar unha camiseta desa cor.
Vídeo da actividade: http://youtu.be/dt8GsRL24Yk
Charla sobre o medio maratón de Cariño
Enviado por Fran Macias o Dom, 2019-04-28 22:52O Concello de Cariño organiza para o próximo día 29 de abril unha charla sobre o medio maratón de Cariño.
Hora: 12:30
Lugar: salón de actos de colexio
Dirixida ao alumnado de cuarto, quinto e sexto
www.rfea.es/web/competiciones/campeonato.asp?codigo=2019RF101
Obradoiro de balonmán
Enviado por Fran Macias o Mar, 2019-03-26 19:00O luns 27 de marzo teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.
Alumnado participante: 3º e 4º
Horario: de 10:20 a 12:00
Organiza Concello de Cariño.
Obradoiro de balonmán
Enviado por Fran Macias o Lun, 2019-02-25 10:31O luns 25 de febreiro teremos un obradoiro-clase maxistral de Abel González Colorado, exxogador da liga ASOBAL e entrenador da selección cadete feminina galega.
Alumnado participante: 5º e 6º
Horario: de 12:30 a 14:15
Organiza Concello de Cariño.
Carreira de campo a través
Enviado por Fran Macias o Mar, 2019-01-15 21:11O venres 18 de xaneiro participaremos nunha proba de "Campo a través" organizada pola Secretaría Xeral para o Deporte.
Lugar: Praia de Esteiro en O Barqueiro (Mañón).
Hora de saída desde o colexio: 9:45
Hora de regreso ao colexio: antes das 14:30
Categorías: desde benxamín ata infantil.
Os participantes deberán levar roupa e calzado cómodo para correr.
Horario e distancias ( información dos organizadores )
11.45 BENXAMIN MULLERES 400 METROS
11.35 BENXAMIN HOMES 400 METROS
11.25 ALEVIN MULLERES 600 METROS
11.15 ALEVIN HOMES 800 METROS
11.00 INFANTIL MULLERES 800 METROS
10.45 INFANTIL HOMES 1200 METROS