Skip to Content

MANDADIÑOS DO MECO

SAÚDOS FAMILIAS:

 

COMO ESTAMOS EN VÉSPERAS DO MES DE FEBREIRO O MES DO ENTROIDO, POR AQUÍ VOS DEIXAMOS A ORGANIZACIÓN PARA A SEMANA DO 13 Ó 17 DE FEBREIRO.

DE LUNS A MÉRCORES TEREMOS TRES MANDADIÑOS ACUMULATIVOS, O XOVES OS NENOS/AS PODERÁN VIR DISFRAZADOS COMO MELLOR LLES PAREZA E O DERRADEIRO DÍA TEMOS UNHA TEMÁTICA COMÚN PARA TODO O CENTRO: O MOVEMENTO HIPPIE!

GRACIÑAS POLA VOSA COLABORACIÓN E RECORDADE, NON É NECESARIO QUE SE COMPRE NADA O MELLOR DO ENTROIDO, SON AS ENTROIDADAS, SEGURO QUE NA CASA PODEREDES ATOPAR ALGO QUE VOS POIDA AXUDAR!!!!!

PODEDES VISUALIZAR OS MANDADIÑOS NO DOCUMENTO ADXUNTO!

MENÚ FEBREIRO 2023

31/01/2023 12:05
Europe/Madrid

VIDEO RESUMO 1º TRIMESTRE AULA INFANTIL

VELAQUÍ VOS DEIXAMOS O VIDEO RESUMO DO TRABALLO REALIZADO NA AULA INFANTIL NESTE PRIMEIRO TRIMESTRE. ESPERAMOS QUE VOS GUSTE!!!

Como non podemos descargalo directamente na páxina web, deixámosvos aquí o enlace para poder velo:

 

https://drive.google.com/file/d/19-mccKEwzV0DGM3pe8bJoq0DFq9PnUNU/view?usp=sharing

 

MENU XANEIRO 2023

21/12/2022 15:12
Europe/Madrid

PANXOLIÑA PARA OS BOLECHAS

 Os nenos/as do Ceip Xose Luís Taboada participaron recentemente cun vídeo no programa "Merenda cos Bolechas"; que se emitirá en directo por streaming o vindeiro VENRES, 23 DE DECEMBRO.
Só tedes que ir á canle oficial da TVG en Youtube e alí, nas emisións en directo, xa vedes o espazo "Merenda cos Bolechas".
A participación do cole é unha parte do contido total do programa que dará comezo ás 17:00 horas. Convidámosvos a velo en directo e incluso podedes participar no chat.
O programa empezará moi puntual, polo que pregamos que vos conectedes con tempo e que avisedes a toda a familia e amizades. Cantos máis sexamos, mellor!
 
 
 
 

MENU DECEMBRO 2022

30/11/2022 13:05
Europe/Madrid

NOVEMBRO 2022

27/10/2022 13:21
Europe/Madrid

SERVIZO ATENCIÓN TEMPERÁ

                                              

Boas tardes familias:

 

Dende o Equipo de Orientación do centro informamos do inicio de actividades e servizos do SAT de Chantada. Para máis información, tendes o tríptico que vos adxuntamos nesta publicación (que é o mesmo que enviamos a casa en papel) e o enlace á seguinte páxina web:

- AGAT

Para calquera consulta, tendes os datos de contacto no tríptico e destacar que se trata dun servizo que debe ser derivado polo Servizo de Atención Primaria (Pediatría). 

 

 

MENÚ OUTUBRO 2022

29/09/2022 14:13
Europe/Madrid

EQUIPO DOCENTE 2022-2023

16/09/2022 11:42
Europe/Madrid

Profesorado

Nivel educativo

Alonso Varela, Eva.

substituta: Natalia Álvarez López.

Titora de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil

Rodríguez Touriño, María Eugenia

Titora de 1º e 2º  Educación Primaria.

Especialista en música.

Regal Fernández, Mercedes

Titora de  5º e 6º de Educación Primaria.

Mestra de inglés en Educación Infantil.

García Álvarez, Xabier

Especialista en Audición e Linguaxe afín Pedagoxía Terapéutica.

Muñoz García, Patricia

Especialista en Pedagoxía Terapéutica (Atención Preferente)

López Luis, Rosa Nelly

Titora de 3º e 4º de Educación Primaria.

Mestra de inglés en primaria.

Losada Alvarín, María Carmen

Mestra de Relixión Católica

Gómez Viso, Francisco Javier

Especialista en Educación Física afín Educación Primaria.

Fernández Camiñas María Natividad

Orientadora.

Distribuir contido


by Dr. Radut