O curso pasado celebramos...Este ano tocará...

Orientación

Saudo do Departamento de Orientación "Fico na casa"

Bo día!!! Xa levamos 10 días sen cole e de seguro que xa todos temos moitas ganas de vernos, de contarnos cousas, de rir, de cantar, de xogar e incluso de traballar e estudar xuntos. De momento iso non vai poder ser asi que @s profes de orientación quixemos falar un anaquiño con vós e ahi vai este video…

Esperamos que vos guste e ademais... TEN DEBERES -- VEXAMOS :

Hai que escribir

  • Que vos parece o video
  • Que nos queredes dicir
  • Que estades facendo... e todo o que vos apeteza contarnos. Tamén podedes facer un debuxo se non vos apetece escribilo todo, vainos facer moitísima ilusión.
  • Asi que xa sabedes entrades en CONTACTO e enviades un correo electrónico a: orientaseoane@gmail.com prometemos contestar a tod@s.               

    BICOS MIL

 

 

Todo vai sair ben

Hoxe queremos compartir o debuxo dunha compañeira orientadora (Lourdes Otero) e tamén un sentir: “todo isto vai pasar rápido e vai sair ben”.

Son días de intensa convivencia e aos máis pequenos seguramente non lles vai resultar doado entender tantos días de confinamento.

 

Para axudar un pouquiño con esta situación recomendamos este conto "Rosa Contra el Virus" do "Colegio Oficial de la Psicología de Madrid": clic aquí (abrese un enlace nunha nova pestaña)

Nova ligazón as bibliotecas públicas de Oleiros

Ola a todxs, dende hoxe está colgada nesta páxina o enlace ao blogue das bibliotecas públicas municipais de Oleiros. Poderedes atopalo sempre na barra azul da dereita desta páxina web, dentro da sección que ten de título ligazóns.

Sabedes que sempre, pero especialmente nestes días, están colgando contacontos e actividades para o fomento da lectura que poden resultar moi útiles.

 

 

DO

De interese para todxs

 

Dende o Departamento de Orientación compartimos esta guia (clic aquí para vela) que pensamos pode ser moi útill para todxs nestes difíciles momentos que nos tocou vivir.

Invitámosvos tamén a que naveguedes pola web de orientación para que vos familiaricedes cos seus espazos e contidos.

Ánimo que ista partida ímola gañar.

DO

 

DEPARTAMENTO DE ORIENTACION - NOVA WEB

Bo dia a todos e todas...

Un día mais e aqui seguimos. Moito ánimo, que desta salimos con mais forza e mais unidos si cabe.

Como vedes , estamos a intentar millorar as formas de permanecer en contacto e dende hoxe temos aquí a web  do Departamento de Orientación (click aquí para acceder). Podedes atopala e acceder a ela a través do menu principal desta páxina, na parte superior que ten coma titulo "Webs/Blogs do centro". Animádevos a visitala e a facer todas as suxestións e comentarios que consideredes. Calquera cousa xa sabedes...

Apertas e sorte para todxos... Vémonos

DO

Distribuir contido