Fondo solidario libros de texto e axudas para libros e material
DESTINATARIOS
Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO.
Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específicas de apoio educativo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.
O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (EDIXGAL) no curso 2024/25 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, poderá solicitar a axuda para adquirir material escolar.
SOLICITUDES
Prazo: do 21/05/2024 ao 21/06/2024 (incluídos)
Forma de presentación:
A solicitude será única para todos os fillos/as ou tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2024/2025. Se estivesen admitidos en centros distintos deberán facer unha solicitude para cada un dos centros.
Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica
Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo
Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
libros e material solicitude Castelán.pdf | 1.88 MB |
solicitude libros_material galego.pdf | 3.49 MB |