Gran Xogo sobre as Letras Galegas

Alumnado de 6º de EP participou hoxe no Gran Xogo sobre o Día das Letras Galegas na Biblioteca Pública Ánxel Casal.

Neste xogo, ademais de divertido, as pequenas e pequenos participantes aprenderon, e puxeron en práctica os seus coñecementos,  algúns datos importantes sobre a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas 2024, Luísa Villalta, e sobre outras curiosidades relacionadas con esta data.