EXPOSICIÓN AÉREA - Samaín 2020
Neste curso atípico e condicionado pola COVID-19 decidimos festexar e achegar ao alumnado as tradicións da nosa terra como viñamos facendo en cursos pasados.
As medidas sanitarias condicionan o xeito de como celebrar no cole datas relevantes, por iso tivemos que reinventarnos e buscar a maniera máis idónea e segura de facelo.
E, como as familias non poden entrar nos corredores para desfrutar das exposicións e creacións do alumnado, pensamos e sacalas a fóra.
Decidimos darlle unha volta ao Samaín e trocamos as cabazas por vasoiras e puchos de meiga.
E este é o resultado.