FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO E AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR (DOG do 22 de maio de 2017)

 

A Consellería ven de publicar a Orde do 16 de maio de 2017  (DOG 22 de maio) pola que se regula o Fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar.

O alumnado matriculado en cursos incluídos no E-DIXGAL no curso 2017/18 está excluído da participación no fondo solidario e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para material escolar e á establecida para alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%.

 

FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de Educación Primaria e en 1º,2º,3º e 4º de educación secundaria obrigatoria no vindeiro curso escolar.

Contía das axudas:

Alumnado con renda per cápita familiar igual ou inferior a 5.400 €

6 libros

Alumnado con renda per cápita familiar entre 5.400 € e 9000 €

4 libros

Alumnado tutela Xunta ou discapacidade superior ao 65%

6 libros

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO: alumnado matriculado en 1º e 2º de Educación Primaria no curso 2017/18.

Contía das axudas:

Renda per cápita igual ou inferior a 5400€

170€

Renda per cápita superior a 5400€ e inferior a 9000€

90€

Para o alumnado matriculado en Educación Especial ou cunha discapacidade igual ou superior ao 65%

250€ con independencia da renda.

Para o alumnado en situación de garda ou tutela da xunta

contía máxima con independencia da renda.

 

AXUDAS PARA ADQUIRIR MATERIAL ESCOLAR  : alumando matriculado en Educación Primaria e en ESO con renda per cápita igual ou inferior a 5400€.

 
   

 Contía das axudas

A contía da axuda será 50€.

 

A solicitude será ÚNICA para todos os fillos/as e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no curso 2017/18. Pódese presentar ata o día 23 de xuño (este incluído).

 

Prazos

Ø  Entrega de solicitudes:                                 ata 23 de xuño

Ø  Entrega de libros curso 2016/17                  ata 23 de xuño

Ø  Prazo para gravar solicitudes                       ata o 3 de xullo

Ø  Publicación listaxes provisionais                    4 de xullo

Ø  Prazo para gravar reclamacións                   10 de xullo

Ø  Publicación das listaxes definitivas               11 de xullo

 

Nota: O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2017/18, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso actual.

 

Poden descargar a solicitude e consultar toda a información nos arquivos adxuntos.

 

AdxuntoTamaño
SOLICITUDE Fondo libros_axudas.pdf2.2 MB
dog_convocatoria_fondolibros_axudaslibros_e_material_escolar.pdf1.11 MB
Circula informativa.pdf76.64 KB