Curtametraxe "PERSOAS" 2014

O IES de Cacheiras e ATURUXO FILMS ten o pracer de convidala/o á estrea do filme "PERSOAS" realizado polo alumnado de Linguaxe audiovisual e medios dixitais de 4º ESO coordinado polo profesor Sergio Clavero. Conta coas  actuacións de actores e actrices do grupo CHÉVERE e un alumno do centro.  A música da banda sonora está composta por Sandra Galera (ex-alumna do IES Cacheiras) e interpretada por alumnado do CMUS de Santiago de Compostela dentro dun convenio de colaboración subscrito por ambos os dous centros.

 

Este filme está baseado no guión teatral escrito polo ex alumno Rafael Rey para o Grupo de Teatro do IES, proposta escénica representada  en francés en Marsella no marco do programa Comenius, dirixida polos Departamentos de Francés, Música, e Debuxo e que contou coa colaboración do Equipo de Biblioteca e  ENL.

 

A curtametraxe trata o tema da inmigración a través de catro persoas que por diversos conflitos teñen que abandoar os seus fogares.

 

A estrea terá lugar o:
 
MÉRCORES 11 DE XUÑO NO CGAC (CENTRO GALEGO DE ARTE CONTEMPORÁNEA) ÀS 20.00 HORAS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

 

AO ACTO ASISTIRÁN O ALUMNADO DO IES CACHEIRAS E DO CMUS DE SANTIAGO PARTICIPANTE, REPRESENTANTES DE AMBOS OS DOUS CENTROS E OS ACTORES E ACTRICES DE CHÉVERE PARA A PRESENTACIÓN E PROXECCIÓN DA CURTA PERSOAS E O POSTERIOR DEBATE.

Agardamos contar coa vosa presenza