Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

EDLG

Entrevista a Fran Rei !

Varios nenos e nenas de 1º e 2º de primaria da nosa escola realizaron unha entrevista a Fran Rei, traballador na Casa-Museo Manuel María de Outeiro de Rei. Fran ademais de traballar na Casa-Museo foi unha persoa próxima a Manuel María, polo que a entrevista foi moi interesante.

Co fin de achegarnos aínda máis a Manuel María como escritor e persoa deixamos a súa entrevista a un clic!

(Para ver o vídeo en grande fai clic na esquina superior dereita)

San Cibrao, "O mar" e "O meu Barco"

Os nenos e nenas de 6º de infantil visitaron San Cibrao para ver a Casa do Mar. Traballamos os poemas de “O Mar” e “O meu Barco” de “Os soños na Gaiola”, 1968.

 

Os nenos de 6º de infantil elaboraron un mural da visita no que se representa a lenda da Maruxaina xunto cos poemas de Manuel María traballados.

Letras Galegas 2016 homenaxeando a Manuel María!

Co gallo das Letras Galegas levamos a cabo unha chea de actividades.

Realizamos unha exposición á que titulamos: “Contigo Manuel María”.

Nela expuxéronse elementos aportados por toda a comunidade educativa. Trátase de libros e obxectos persoais relacionados con Manuel María (moitos adicados por el). Tamén se incluiron manualidades elaboradas polo alumnado en relación a elementos da obra do autor homenaxeado.

Elaboramos dun mapa no que se mostra o lugar de orixe dos distintos autores ós que se lles adicaron as Letras Galegas ó longo dos anos.

Fixemos un retrato estilo Warhol de Manuel María. Este retrato falilitóunolo unha nai e completárono entre o alumnado de infantil e primaria.

 

Tivemos un contacontos relacionado con Manuel María musicado a cargo de Saleta e Josito da academia de lecer “CoolSchool”. Pasámolo moi ben con eles!

Realizouse un roteiro poético por Outeiro de Rei recitando poemas de Manuel María. Os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º de primaria realizaron uns días antes das Letras Galegas unha ruta por Outeiro de Rei recitando poemas da Obra de Manuel María.

Tivemos un oco musical no que todo o alumnado do centro cantou a canción  de “O Carro”. O alumnado e profesorado do colexio cantou o poema de “O Carro” coa compaña de Antón Castro, integrante dun dos grupos que o musicou: Fuxan os Ventos.

(Para ver o vídeo en grande fai clic na esquina superior dereita) 

 

E por último, a ANPA do centro organizou unha actuación se música e baile rexional impresionante!

Contacontos na Casa- Museo Manuel María!

 Os nenos e nenas de infantil, xunto cos de 1º e 2º de primaria, visitaron a Casa-Museo de Manuel María para asistir a unha actividade de contacontos. Alí desfrutaron do conto “O Bigote de Mimí” que escribiu Manuel María.

 

 Ademais tiveron xogos relacionados co conto, pasárono xenial!

Día do Libro

Celebramos o Día do Libro con actividades moi especiais polo 400 aniversario da moirte de Cervantes e Shakespeare. Os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria representaron unha adaptación teatral da obra de Cervantes.

Ademais, seguindo coa temática de traballo de Manuel María, fixemos entre todos os nenos e nenas do cole un libro de poemas inspirados neste autor e que chamamos: "Contigo Manuel María".

 

Obra de teatro.

Grazas á ANPA e á Deputación de Lugo puidemos rematar o segundo trimestre cunha obra teatral sobre Manuel María. Asistiron todos os alumnos do centro.

Telexornal coa Fundación TIC!

Alumnos de 5º e 6º de primaria acoden a unha actividade da fundación TIC participando na creación dun “telexornal”. Puideron ver as instalacións, coñeceron o proceso de montaxe e realización dun telexornal e crearon un propio.

Para acceder ós contidos de fotos e vídeo do telexornal só tedes que pinchar AQUÍ.

 

A lingua galega foi a lingua vehicular do mesmo e as actividades relacionadas con Manuel María que se desenvolven no noso centro foron unhas das protagonistas.

Certame "Rosalía Sempre Viva"

Este ano participamos no certame de poesía “Rosalía Sempre viva” na Casa- Museo Manuel María, xa que este ano  tivo un espazo especial para os poemas de Manuel María.

 

Participaron alumnos de 1º de primaria co poema “A Lúa” levando un premio honorífico.

Entroido con Manuel María!

Entroido con Manuel María!

O Entroido celebrámolo por suposto cos mandados do Meco e este ano tamén un “Mequiño”!

 

 

A festa de Entroido foi moi especial para nós, xa que este ano centrámonos na obra de Manuel María: “Os soños na gaiola”. Cada nivel escolleu un dos seus poemas para disfrazarse e logo todos desfilamos ó ritmo dos seus poemas musicados por Suso Vaamonde.

 

Ademais saímos no xornal! (El Progreso)

 

 

Nadal!

Celebramos o Nadal decorando o cole, achegándonos á figura do Apalpador,  facendo calendarios para o novo ano e por suposto cun festival de Nadal no que a nosa lingua tivo un protagonismo especial e no que Manuel María se fixo un oco!

A adaptación teatral de 5º de primaria presentou a figura de Manuel María e dos distindtos xéneros literarios a través dos seus poemas.