Iniciar sesión: Acceso

Taboleiro de anuncios

Biblioteca

OS NENOS DO COLE CELEBRAN A FESTA DE HALLOWEEN

 

O alumnado da nosa escola adicou toda esta semana á celebración de actividades relacionadas coa festividade de Halloween, organizadas polos mestres de Inglés. Os pequenos fixeron manualidades, traballaron con cancións relacionadas con esta data especial e profundizaron na orixe deste evento relacionandoo co noso Samaín.

Asemade, os alumnos de 6º elaboraron un menu de Halloween e puideron comer todo o que prepararon na sua aula.

Durante a vindeira semana, o alumnado de 5º e 6º traballará no coñecemento de personaxes de lenda británicos relacionados coa tradición galega.