Breve historia do centro
No concello de Outeiro de Rei existían 21 escuelas mixtas e 4 escuelas unitarias (nenos e nenas) con mestre e mestra.
O día 30 de marzo de 1978 organizouse o Centro Autónomo co fin de organizar as probas de Graduado Escolar e as Probas de Madurez. Así funcionou durante os cursos 1978-79 e 1980-81.
No curso escolar 1981-82 comenza a funcionar a agrupación colexio público “Laverde Ruíz” froito da integración de 13 escolas.
O centro escolar foi feito para oito unidades, quedando en funcionamento as escolas de Robra (mixta), Taboi, Castelo, Vilela e Cela. A escola de Parada intégrase no colexio Casás en Lugo. Os alumnos de Astariz e Vicinte, por proximidade integráronse no colexio de Rábade. A escola de Francos suprimiuse.
No curso 2002-03 a escola de Robra incorpórase ao centro.
No curso 2003-04 intégrase no colexio a escola de Vilela.
No curso 2004-05 pecha a escola de Cela.
Descrición do centro docente
Tipo de centro: Colexio Público
Denominación oficial: CEIP LAVERDE RUIZ
Código: 27008513
Situación: Outeiro de Rei
Provincia: Lugo
Enderezo: Estrada Nacional VI S/N
Código postal: 27150
Teléfono: 982-82.89.30-31
Fax: 982-82.89.32
Correo electrónico: ceip.laverde.ruiz@edu.xunta.es
Páxina web: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiplaverderuiz/
Instituto de adscrición: IES Río Miño-Rábade
Instalacións e equipamento
O recinto do colexio está completamente pechado. Neste atópanse os dous edificios do centro, o de Educación Infantil e o de Educación Primaria; o primeiro construído máis recentemente. Neste mesmo recinto, con entrada independente, tamén se atopan as distintas dependencias do Concello de Cultura Municipal, que inclúe a Biblioteca do concello. Na zona exterior están situadas as pistas de deporte, o patio cuberto con canchas, unha fonte, céspede e árbores, así coma unha zona de xogos para Infantil con areeiro.
O edificio de Educación primaria é unha construción rectangular, que consta de porche, planta baixa e primeira, á que se accede por medio de dúas escaleiras e que tamén conta, desde hai uns anos, cun ascensor que garante a estabilidade ás persoas de mobilidade reducida, que se emprega de forma excepcional. Entre as escaleiras, un patio interior, rectangular e aberto cun pequeño xardín, que proporciona luz natural ao interior.
Na planta baixa atópanse: as dependencias administrativas, o comedor, a cociña, a sala de profesores, os servizos dos nenos/as, unha aula que acolle o curso de 6º de Educación Infantil, a aula de informática compartida con música, un almacén de material deportivo, dous servizos de profesores/as e un habitáculo para os útiles de limpeza.
Na primeira planta atópanse: as aulas de 1º, 2º, 3º, 4º, 5º e 6º de Ed. Primaria, a bilblioteca, aula de inglés, aula de orientación, aula de Pedagoxía Terapéutica, dous servizos para mestres/as e dous servizos para nenos/as .
O edificio de Educación Infantil na planta baixa conta cun pequeño patio exterior cuberto, ademais doutra dependencia utilizada polo Concello. No interior do patio hai un vestíbulo e dúas escaleiras que conducen ao primeiro andar. Aquí atópanse: tres aulas, unha titoría, dous servizos de nenos/as, servizos do profesorado e un almacén de limpeza.
Fóra do recinto contamos con dársenas para os autobuses do transporte, onde os alumnos/as acceden sen perigo desde o patio por unha das cancelas. Os alumnos/as que non son transportados acceden pola porta principal cos seus pais/nais ou titores.
A carón das instalacións do centro hai un polideportivo municipal do que tamén fai uso o colexio para as clases de Educación Física.
No mes de xullo de 2018 inicianse as obras de mellora do edificio, creándose un 3º piso.
Tipoloxía escolar
Titularidade: Pública, dependente da Consellería de Educación da Xunta de Galicia.
O centro imparte os niveis de Segundo Ciclo Educación Infantil e Educación Primaria, en dobre liña.
Durante os meses de setembro e xuno o centro atérase as disposicións que ditamine o calendario escolar oficial.
Durante o resto do curso hai xornada partida de 09:30h a 13:30h e de 15h a 16h.
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | ||||||
2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 |
9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | 15 |
16 | 17 | 18 | 19 | 20 | 21 | 22 |
23 | 24 | 25 | 26 | 27 | 28 | 29 |
30 |