OLA! Son o Rato da Biblioteca. Este curso é "especial" xa que moitas das actividades que facíamos na biblio hai que facelas de xeito diferente.
Comezamos unha nova Olimpíada do Saber. E xa imos pola 8ª!
É moi sinxelo! Cada pregunta aparecerá publicada neste blogue o martes de cada semana. Tédela que copiar no espazo do voso caderno que lle corresponda.
E logo despois...toca investigar! E escribir a resposta no caderno.
1ª pregunta : Que é un coronavirus?