MATERIAL ESCOLAR 22-23
Os listados de material escolar están dispoñibles no lateral esquerdo no apartado de Secretaría/Material Escolar.
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º ED. INFANTIL 2022/2023
PERÍODO DE ADAPTACIÓN 4º ED. INFANTIL 2022/2023
Haberá unha reunión coas familias no mes de setembro para aclarar calquera tipo de dúbida. A data será comunicada a través da páxina web.
En arquivos adxuntos poderán ver o calendario do período de adaptación e un documento con máis información.
RECORDATORIO
O ALUMNADO DE 6º DE ED. PRIMARIA PODE PASAR A RECOLLER OS EXPEDIENTES ANTES DO DÍA 22/07/22.
O PRAZO DE RECOLLIDA DOS VALES PARA A AXUDA A ADQUISICIÓN DE LIBROS E MATERIAL ESCOLAR É ATA O 22/7/22 EN HORARIO DE 9 A 14.
DE NON PASAR ANTES DESA DATA DEBERÁN RECOLLELO NO MES DE SETEMBRO.
TRANSPORTE ESCOLAR curso 22-23
XA ESTÁN DISPOÑIBLES AS LISTAXES DEFINITIVAS
Aclarar que non hay variacións con respecto as listaxes provisionais, agás a inclusión na mesma da reclamación presentada despois de comprobar o rexistro de entrada da solicitude correspondente.
Xa están dispoñibles na secretaría do centro os listados provisionais de transporte escolar para o vindeiro curso 22/23. Tendes ata o xoves 14 de xullo ás 12:00 horas para formular, de ser o caso, reclamacións a esta listaxe provisional que serán resoltas no consello escolar do día 15 de xullo.
Seguindo a lei de protección de datos, non se dará información por via telefónica.
Liáns, Santaia, 8 de xullo de 2022
CALENDARIO AXUDAS PARA ADQUISICIÓN LIBROS, MATERIAL E FONDO LIBROS
CALENDARIO DE PUBLICACIÓN LISTAXES
Listaxe provisional de alumnado beneficiario e non beneficiario de libros de texto: 5 de xullo
Reclamacións: 6 o 10 de xullo
Listaxe definitiva de alumnado beneficiario e non beneficiario de libros de texto: 11 de xullo
Publicado no taboleiro de anuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou con Certificado Dixital poderao consultar telemáticamente.
Non podemos facilitar información por teléfono pola Lei de Protección de Datos (art. 13)
RECOLLIDA VALES LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO
Unha vez publicada a listaxe definitiva poderán recoller os VALES de Libros e Material didáctico de 9 a 14 dende o día 11/7/22 o 22/7/22 de Xullo.
Entrega dos libros do Fondo adxudicados ao alumnado de 3º e 4º de EP: nos primeiros días de setembro.
Os libros de texto para o curso 22-23 poden consultalos na páx web.
O material será publicado na primeira semana de setembro.
LIBROS DE TEXTO 22-23
Xa podedes consultar os libros de texto para o curso que vén premendo neste enlace:
Libros de texto | CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal (xunta.gal)
NON É PRECISO COMPRAR O LIBRO DE INGLÉS (CLASS BOOK ) DE 4º CURSO FARASE ENTREGA DO MESMO NO CENTRO EDUCATIVO A COMENZO DE CURSO.
DÍA DO MEDIOAMBIENTE
O ISIDRO FAI O CAMIÑO
O CAMIÑO DOS LIMPAISIDROS CARA UN MUNDO MELLOR.
Este curso o CEIP Plurilingüe Isidro Parga Pondal participou no programa Voluntariado miúdo con tres proxectos distintos.
Un deles foi un proxecto de reciclaxe titulado o Camiño dos LimpaIsidros hacia un mundo mellor.
Con este proxecto no que participou todo o colexio, pretendeuse aprender a reciclar correctamente e completar o proceso de economía circular.
Os principios eran os tres R
REDUCE
REUTILIZA
RECICLA
Con todo isto pretendemos contribuir a mellora do medioambiente.
Por iso recordamos que onte foi o día do medioambiente e ao noso centro cjhegará en breve un elemento novo realizado co plástico reciclado premiio para os nosos alumnos/as polo esforzo realizado.
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR
Benqueridas familias:
Abrimos o prazo para a solicitude de transporte para o vindeiro curso.
Tendes que cubrir o formulario e entregalo na secretaría do centro. Este ano será con rexistro de entrada para que non haxa problemas. Podedes entregalo ata o 10 de xuño inclusive.
Hai dous formularios. Un para alumnado con dereito e outro para alumnado que non o ten.
Será usuario lexítimo do transporte escolar gratuíto, polo tanto, alumnado con dereito, o alumnado cuxo domicilio se encontre fóra do núcleo urbano no que radique o centro escolar e, en calquera caso, a unha distancia deste superior a 2 km, calculada utilizando o itinerario máis directo, sen desvíos e rodeos innecesarios. Para poder ser usuario lexítimo do servizo o alumnado deberá estar escolarizado no centro que lle corresponda, segundo a situación do seu domicilio e a distribución das áreas de influencia establecida, ou contar cun dictame ou comunicación de escolarización forzosa emitido pola administración educativa.
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO
SOLICITUDE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO
19-05-22
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- …
- seguinte ›
- última »