Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Dependencias

Medios de que dispoñemos

O noso centro conta con dúas aulas por nivel en todos os cursos de Ed. Infantil a Primaria.

Estamos adscritos ó IES María Casares de Bastiagueiro.

O colexio consta de dous edificios separados polas escaleiras de emerxencia:

  • O edificio de Educación Primaria é de dúas plantas coas seguintes dependencias: 12 aulas de Ed. Primaria, aula de inglés, aula de informática, aula de relixión, aula de Pedagoxía Terapéutica, aula de Audición e Linguaxe, aula de música, tres despachos de titorías, biblioteca, sala de profesores, reprografía, conserxería e despachos de Dirección e Xefatura de Estudos e de Secretaría.
  • O edificio de Educación Infantil conta con 6 aulas de Ed. Infantil, un aula de psicomotricidade e o comedor.

Na planta baixa existe un local destinado á ANPA.

O espacio externo ó edificio consta dun patio axardinado na parte anterior e outro pavimentado na parte posterior. Existen tamén dous pequenos patios cubertos.

Temos concesión plena sobre o uso do pavillón "Arsenio Iglesias" do Concello de Oleiros, que se atopa anexo á parte posterior do centro.

Distribuir contido