Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 | 31 |
Matrícula
MATRÍCULA CURSO 20/21
Bo día familias:
Imos a colgar xa todos os documentos necesarios para a solicitude de matrícula para o alumnado admitido no noso centro para o vindeiro curso 20-21.
Non se poderá entregar ata o día 1 de xullo, pero así podedes ter todo preparado.
Tendes a vosa disposición un pdf informativo do centro AQUÍ
A documentación a entregar CORRECTAMENTE CUBERTA é a seguinte:
FORMULARIO DE SOLICITUDE DE MATRÍCULA
AUTORIZACIÓN PARA A TOMA DE IMAXES
AUTORIZACIÓN PARA SAÍDAS DENTRO E FÓRA DO CONCELLO
AUTORIZACIÓN PARA A RECOLLIDA DO ALUMNADO POR OUTRAS PERSOAS
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR CON DEREITO
SOLICITUDE DE TRANSPORTE ESCOLAR SEN DEREITO
INSTRUCIÓNS PARA CUBRIR A SOLICITUDE DE TRANSPORTE
Esta documentación deberá vir acompañada dos seguintes documentos en caso de non telos entregado no proceso de admisión:
- DNI ou equivalente do pai/nai/solicitante (se o ten)
- Libro de familia
- Padrón
- Certificado médico de estar correctamente vacinado. Fotocopia da tarxeta de vacinación.
- De ter algunha alerxia ou enfermidade que se deba coñecer, para o seu correcto tratamento, é necesario que sexa con informe médico.
- Fotocopia da tarxeta sanitaria
- 3 fotos tamaño carnet
Tamén están dispoñibles na secretaría do centro os sobres de matrícula por se preferides pasar a recollelos.
RENUNCIA Á PRAZA
Bo día familias:
Os/As alumnos/as que obtiveran praza noutro centro e que polo tanto, non vaian a continuar cos seus estudios no noso centro para o vindeiro curso, deben proceder á renuncia á praza cubrindo o formulario dispoñible na nosa páxina web e envialo ao email ceip.isidro.parga@edu.xunta.gal co asunto RENUNCIA Á PRAZA. Sempre teredes un correo de contestación. De non ser así, poñédevos en contacto connosco no teléfono do colexio.
Os/as alumnos/as que continuan no centro non teñen nada que facer, xa que a plaza renóvase automáticamente.
Un saúdo
