Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Mediadores Escolares

Buscando solucións

Dende o curso pasado, no Ceip Isidro Parga Pondal temos un equipo de alumnos/as que realizan mediación de conflitos entre iguais.

 

Logotipo creado por alumnado de 5º de E.P

 

No presente curso escolar, os encargados de mediar en situacións de conflito son un pequeno grupo de alumnos e alumnas de 6º de Educación Primaria, que foi formado o curso pasado para dita labor.

A mediación se utiliza cando o alumnado se atopa ante un conflito que non sabe como resolver. Os mediadores/as axudan a que se chegue a unha solución a través do diálogo. Non se basea en buscar culpables, senon en analizar os sentimentos de cada unha das partes e buscar que pode modificar cada alumno/a no seu comportamento para entenderse e evitar así futuros conflitos.

Trala mediación se firma un compromiso ou acordo entre as partes do conflito e se fai un seguemento do mesmo.

Buzón de mediación escolar

 

Se queres saber máis sobre a mediación escolar levada a cabo neste centro, preme aquí e descarga o noso folleto informativo!

 

 

 

 

 

Distribuir contido