Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
1 | 2 | 3 | ||||
4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 |
11 | 12 | 13 | 14 | 15 | 16 | 17 |
18 | 19 | 20 | 21 | 22 | 23 | 24 |
25 | 26 | 27 | 28 | 29 | 30 |
REUNIÓN INICIO CURSO FAMILIAS 4º ED. INFANTIL
A reunión coas familias de 4º Ed. Infantil será o luns 18 de setembro ás 16:15h. na aula de música.
Lembren descargar a aplicacion AbalarMóbil para poder recibir notificacións dende o centro. Comprobar que aparece o seu fillo/a e en caso contrario actualizar a aplicación.
SUBVENCIÓN CONCELLO DE OLEIROS
SUBVENCIÓN DO CONCELLO DE OLEIROS PARA A PROMOCIÓN E DIFUSIÓN DA CULTURA E O DEPORTE CURSO 2023
O Concello de Oleiros colabora no ano 2023 co noso centro coa cantidade de 9880€ para a realización de actividades educativas complementarias e adquisición de material didáctico de carácter funxible.
MATERIAL ESCOLAR 2023/24
Xa están os listados de material escolar para este curso no apartado de Secretaría/Material escolar
VALES ADQUISICION LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR
Xa están publicados os listados definitivos e polo tanto xa están dispoñibles os vales para adquisición de libros de texto e material escolar.
CALENDARIO AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS, MATERIAL E FONDO LIBROS
CALENDARIO PUBLICACIÓN LISTAXES
LISTAXE PROVISIONAL de alumnado beneficiario e non beneficiario de Libros de Texto: 7 de xullo
RECLAMACIÓNS : 10 e 11 de xullo
LISTAXE DEFINITIVA : 12 DE XULLO
Publicado no taboleiro de anuncios do centro. Quen realizou a solicitude a través da Chave 365 ou con certificado dixital poderan consultalas telemáticamente.
NON podemos facilitar información telefónica pola lei de Protección de Datos (art.13)
RECOLLIDA VALES
Unha vez publicada a listaxe definitiva poderán recoller os VALES DE LIBROS E MATERIAL DIDÁCTICO de 9 a 14 dende o día 12/7/23 ata o 20/7/23
Entrega dos libros do Fondo adxudicados ao alumnado de terceiro e cuarto de ed. primaria será realizada nos primeiros días de clase.
As listaxes de material serán publicadas na primeira semana de setembro.
TRANSPORTE ESCOLAR 23/24
Xa están dispoñibles na Secretaría do centro as listaxes definitivas de transporte escolar para o vindeiro curso 2023/24.
Seguindo a lei de protección de datos, non se dará información por vía telefónica.
Liáns, 18 de xullo de 2023
PERIODO DE ADAPTACIÓN 4º ED. INFANTIL 2023/24
Para poder ver o calendario do Periodo de Adaptación pica AQUI.
