Eventos

« Maio 2024 »
LunMarMérXovVenSábDom
12345
6789101112
13141516171819
20212223242526
2728293031

Novas tecnoloxías (TIC)

BLOG CEIP ISIDRO PARGA PONDAL

Dende o Equipo TIC do noso centro, convidámosvos a botar unha ollada ao noso blog, no que se pode ver información moi útil sobre o Proxecto Abalar e o Proxecto EVA-EDIXGAL, ademáis de poder acceder a recursos TIC moi interesantes para o profesorado e a súa práctica docente.

Moitas grazas aos distintos ponentes dos cursos de formación do CFR (FPROFE) realizados no noso centro, por formarnos e deixarnos esta prezada fonte de información.

 

PREMA AQUÍ PARA VISUALIZAR O NOSO BLOG

Presentación Proxecto Abalar 2014-2015

O luns 13 de outubro, na reunión xeral para as familias de 5º de Educación Primaria, presentouselles o Proxecto Abalar no Centro e como imos a traballalo.

Para ver a presentación en formato PDF, pica AQUÍ.

 

PROTOCOLO ABALAR 2012-2013

PARA VER O PROTOCOLO ABALAR CURSO 2012-2013,

EN FORMATO PDF,

PICAR AQUÍ.

Información xeral.

 

OBXECTIVOS 2010/11.

 

  • Crear un Grupo de Traballo, Seminario Permanente e/ou Proxecto de Formación de Centros para unificar o nivel de coñecementos do profesorado das TIC’s.
  • Implicar ao profesorado na aprendizaxe, uso e divulgación da páxina web do centro.
  • Realizar cos alumnos traballos usando as TIC.
  • Aprender a contrastar a información en distintos soportes.
  • Promocionar nas familias a páxina web do Centro.
  • Informar sobre os perigos das redes sociais e as TIC’s.
  • Introducir as TIC como soporte de información e difusión das actividades do Centro.
  • Potenciar entre o profesorado o uso da Aula de Informática e dos medios TIC que dispón o Centro.
  • Colaborar cos distintos grupos dinamizadores das actividades do Centro.

RECURSOS

 

O Centro conta con :

  • Aula de Informática con PDI.
  • PDI na Aula de Música.
  • En cada aula de Ed. Primaria ordenador con canón e 4 colocados nos últimos cursos de Ed. Infantil.
  • Ordenadores nas aulas de PT e de AL.
  • Punto de información na Biblioteca.
Distribuir contido