O COMEDOR ESCOLAR

     
 

 

COMEDOR CURSO 2020 - 2021

PENDENTE DE ACTUALIZAR. INFORMACIÓN ACTUALIZADA NA PÁXINA PRINCIPAL

 
     
  

A contratación do servizo de comedor do noso centro está establecido nun prego de prescricións técnicas asinado entre o Concello de Ferrol e a empresa adxudicataria do contrato. Este prego, establecido no curso 2017/18, rexe as condicións do servizo de catering e do persoal monitor/coidador de comedor. Actualmente esta empresa adxudicataria é SERUNIÓN.

Acceso ao prego de contratación do servizo do comedor  

PERSOAL MONITOR/COIDADOR: Un monitor/coidador por cada 18 comensais. Para incrementalo farase un cómputo mensual que ten que sobrepasar nun 20%.

TEMPERATURAS DOS MENÚS: Pratos quentes: igual ou superior a 65º . Pratos fríos: igual ou inferior a 8º

PREZOS DOS MENÚS

      

  • Ademais existen becas do servizo de comedor que se poderán solicitar nos Servizos Sociais da Consellería de Benestar do Concello de Ferrol.
  • O pago efectuarase mediante domiciliación bancaria poidendo recoller o impreso no mesmo comedor ou na secretaría do centro.

CARACTERÍSTICAS DO SERVIZO E HORARIOS

O alumnado pode disfrutar do servizo do comedor todos os días, en días fixos á semana ou en días esporádicos. 

Poden apuntarse ao servizo do comedor a partir do mes de setembro ou cando o alumno/a vaia a facer uso do servizo de comedor.

Descargar impreso 

O horario do servizo de almorzo é de 7:30 a 9:00 h, non permitindo a entrada a este servizo despois das 8:30 h. 

O horario do servizo de xantar é de 14:00 a 16:00 h.  

MENÚS ESPECIAIS

Todo alumno/a que teña algún tipo de intolerancia ou alerxia alimentaria deberá ser documentado presentando un informe médico (se non o presentou anteriormente)  e lle será suministrado un menú especial adaptado, sen incremento no seu coste.

CONTROL DA PRESTACIÓN DO SERVIZO DO COMEDOR

Será o Consello Escolar o encargado do control do servizo do comedor, en especial a dirección do centro, en calidade de presidente do Consello escolar e, nomearase, no seo do Consello Escolar, un pai/nai que se encargará da supervisión deste servizo.

Diariamente a persoa encargada do comedor será a que faga o control das temperaturas e dos menús (etiquetado, envasado...), supervisado dende o Consello Escolar (dirección do centro).

Mensualmente envíase o control feito dende o centro ao Concello, así como as posibles deficiencias a subsanar.

Tamén, dende a Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia fanse revisións e controis periódicos do servizo de comedor.

MÁIS INFORMACIÓN

Máis información sobre o comedor escolar con imaxes dos menús, na páxina do Concello de Ferrol premendo na seguinte imaxe.

  
 

DOCUMENTO INFORMATIVO DO FUNCIONAMENTO DO COMEDOR   

 

COMEDOR CURSO 2018 - 2019: Menús, actividades, inscrición, control...

COMEDOR CURSO 2019 - 2020

 

Powered by Drupal - Design by artinet