Radio patio

ACTUALIZACION PROTOCOLOS COVID XANEIRO 2022

O Ministerio de Sanidade vén de publicar os novos protocolos de xestión epidemiolóxica en centros educativos.

Destacamos a continuación os aspectos principais a ter en conta:

• As persoas da comunidade educativa que sexan caso confirmado deberán permanecer 7 días en illamento. Pasado este tempo, e sempre que non tivera síntomas durante cando menos os 3 últimos días, poderá incorporarse ao centro, mantendo unha vixilancia activa sobre a aparición de posibles síntomas ata completar polo menos 10 días desde o inicio do illamento.

Nin o alumnado, nin o persoal do centro, en ningún caso require de proba algunha para reincorporarse ao centro.

• Os autotest non requirirán dunha proba complementaria para confirmar o caso.

• A definición e contacto estreito non variou: persoa que pasa máis de 15 minutos a menos de 2m dun caso positivo ata as 48h antes da consideración de inicio da enfermidade (inicio de síntomas ou toma de mostra para proba diagnóstica) sen uso axeitado de medidas de protección (máscara).

• O persoal docente e non docente, así como o alumnado de 12 ou máis anos, que teña a consideración de contacto estreito seguirá as indicacións de corentena que se propoñen para a poboación xeral de acordo á Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control, publicada o día 30 de decembro de 2021. Así, as persoas con pauta vacinal completa, salvo as excepcións previstas no documento citado, non terán que facer corentena.

• No caso de alumnado menor de 12 anos, ante a aparición dun primeiro caso nunha aula e ata un total de 4, o alumnado non realizará corentena, independentemente do seu estado vacinal.

• Ante agrupacións de casos (5 ou máis casos confirmados de infección activa), seguiranse as pautas xerais para a determinación das corentenas dos contactos estreitos. Esta corentena será de 7 días desde o inicio de síntomas do último caso confirmado (sempre que non se desenvolvan síntomas durante este período).

Os centros de educación especial considéranse contornos vulnerables e aplícaselles o indicado na Adaptación da Estratexia de detección precoz, vixilancia e control.

- Adaptación da guía de actuación ante casos COVID-19 en centros educativos (08-01-22).

- Reforzo e adaptación de medidas de prevención COVID-19 en centros educativos (08-01-22).

- Protocolo de vixilancia e control fronte ao COVID-19 no ámbito educativo (14-01-22).

 

PERÍODO DE ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º EDUCACIÓN INFANTIL (3 anos)

Período de adaptación para la clase de 2 y 3 años

 

Benvidos á escola, iniciamos un novo curso con moita ilusión e ganas de coñeceros.

O venres día 3 teremos unha pequeña reunión país/nais do alumnado de 4º de E.I as 11:00 h na que explicaremos as normas básicas e

período de adaptación.

No período de adaptación teremos 2 grupos ( informarase dos listados na reunión) e faremos co seguinte horario:

 

-Os días 9 e 10 serán 1,5 h cada grupo

-Os días 13 e 14 serán 2 h cada grupo

-O día 15  todos xuntos de 9:30 á 12 h.

-O día 16  todos xuntos de 9:30 á 13 h.

-O día 17  todos xuntos de 9:30 á 13:30 h.

-A partir do 20 horario normal 9:10 á 13:40

 

Contamos coa vosa presenza!

 

ACTIVIDADES PROXECTO NADAL

 ACTIVIDADES PROXECTO NADAL

   BAILES                    POSTAIS

PROXECTO VIVE O NADAL 

VIDEOS PROXECTO OUTONO

Nos seguintes enlaces veredes os VIDEOS do PROXECTO OUTONO, disfrutade con eles e grazas por participar

EDUCACIÓN INFANTIL

4º ED. INFANTIL       5º ED. INFANTIL      6º ED. INFANTIL

 

EDUCACIÓN PRIMARIA

1º PRIMARIA            2º PRIMARIA             3º PRIMARIA (PARTE 1)                 3º PRIMARIA ( PARTE 2)

  

 

4º PRIMARIA               5º PRIMARIA                   6º PRIMARIA

 

A PRIMAVEIRA CHEGA AO HORTO ESCOLAR

O NOSO HORTO ESCOLAR SEGUE VIVO A PESARES DO COVID-19

9

Distribuir contido