Visita xardín botánico Montealegre

As alumnas e alumnos de 1º e 2º de primaria visitaron as instalacións do xardín botánico de Montealegre a pasada semana. 

Mais fotos.

2 de maio. Día non lectivo no C.E.I.P. Plurilingüe Inmaculada

O vindeiro martes 2 de maio será non lectivo no noso centro polo que dende o venres 28 de abril, as clases retomaranse o mércores 3 de maio.

Disfrutade da ponte e aproveitade para preparar o final deste curso!!

Todos e todas contamos

Actividade realizada no centro, con carácter inclusivo onde os monitores con diversidade funcional dirixiron diferentes talleres, contacontos, etc., co alumnado do centro.

Mais fotos

Listaxes alumnado admitido para o curso 2023-2024

Todo o alumnado que cursou solicitude de admisión para o curso 2023-2024, foi admitido.

AXUDAS DE COMEDOR (TODO O ALUMNADO) E LIBROS(EDUCACIÓN INFANTIL) DO CONCELLO DE OURENSE. CURSO 2023/2024

ABERTO PRAZO DE SOLICITUDES PARA AXUDAS DE COMEDOR (TODO O ALUMNADO) E LIBROS (EDUCACIÓN INFANTIL) DO CONCELLO DE OURENSE. CURSO 2023/2024.

O prazo de solicitudes para as axudas escolares do curso 2023/2024 é de 15 días hábiles contando a partir do día seguinte á publicación da convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Ourense (publicado hoxe 21 de abril).

 

Os impresos de solicitude da subvención estarán dispoñibles a páxina web municipal  www.ourense.gal.

 

Para mais información deben dirixirse Asuntos Sociais do Concello de Ourense, teléfono 988388133

Mais información

ACTIVIDADES DÍA DO LIBRO-BOOKCROSSING

Estimadas Familias,
                               O día 23 de abril celébrase o día do libro. Para comemorar o día  na vindeira semana faremos varias actividades, entre elas unha VOLUNTARIA  de BOOK CROSSING.
BC ou BookCrossing é a práctica de deixar libros en lugares públicos para que os recollan otros lectores, que tamén  farán o mesmo.  Aquel alumnado que queira participar pode traer un libro que será deixado nalgún lugar do cole para que o atope outro alumno/a .  
Para poder organizar a actividade aquel alumnado que queira  participar pode traer o seu libro o o luns 22 e o venres 24

Distribuir contido