MENSAXE DE ÁNIMO

 

 

 

Estimadas familias:

Nestes momentos de incerteza e preocupación que todos estamos vivindo, desde o equipo directivo e claustro de CEIP Plurilingüe Inmaculada, queremos transmitirvos unha mensaxe de calma, agradecemento e ánimo.

O primeiro, queremos agradecer a todas as familias o labor que estades facendo na casa, porque sabemos que non é fácil ese esforzo que supón dirixir esa docencia non presencial.  Non queremos que as nenas e nenos se sintan agobiados o presionados, se trata de que intenten facer o que poidan nestas circunstancias excepcionais que nos toca vivir. Todo o que fagan ten que ser desde a motivación, xa que estar confinados na casa xa é complicado para eles.

Segundo, queremos facer extensible este agradecemento ao alumnado que desde as súas casas están cumprindo coas súas tarefas, sen que lles decaia o ánimo e sempre con esa alegría e inocencia que lles caracteriza.

GRAZAS DE CORAZÓN.

Á súa vez queremos que saibades que empatizamos con todas e cada unha das familias e as circunstancias polas que esteades pasando, e por iso queremos lanzar unha mensaxe de tranquilidade polo menos no terreo educativo, colaborando en todo o posible, estando de xeito conxunto (porque non podemos man a man) a través das tecnoloxías, nós, os mestres do cole estamos dispoñibles en todo momento para poder axudarvos sempre que o necesitedes, non o dubidedes.

Podedes dirixirvos a nós a través do correo do centro ( ceip.inmaculada@edu.xunta.gal) , ou a través da aplicación Abalar Móbil (que teredes que descargarvos no voso teléfono ou ordenador) E seguiremos informando a través da nosa páxina web.

E a aqueles papis e mamis do cole que traballan porque son persoal sanitario e farmacéutico, médicos, enfermeiras, persoal de supermercado, transportista, agricultores, forzas da seguridade e demais servizos esenciais, ¡grazas! Os aplausos que todas as tardes sucédense en toda España van dedicados en primeiro lugar a vós.

Non esquezades que aínda que esteamos en casa a natureza segue o seu curso e empezou a primavera, así que imos recibila cun sorriso.

¡Un día máis, é un día menos!

Un afectuoso saúdo

O Equipo docente do centro.

 

A Xunta propón unha programación de lecer cultural para toda a familia no eido dixital coa campaña #aculturasegue

     

Os museos, centros de interpretación, bibliotecas ou arquivos xestionados polo Goberno galego potencian os seus recursos e materiais online

Máis de 4.500 títulos de libros, revistas ou películas ofrécense en formato electrónico e de maneira gratuíta a través da plataforma GaliciaLe

Conxuntos monumentais como catedrais e mosteiros abren as súas portas en visitas e percorridos 360º a través da oferta de Turismo de Galicia

Dotacións como a Cidade da Cultura, o CGAC ou o CGAI divulgan contidos tanto de actualidade como dos seus fondos con gran interese histórico

O Portal da Lingua Galega conta con abondosos recursos didácticos para a cativada con xogos, materiais para imprimir e propostas interactivas

ENLACE Á NOTICIA: https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-programacion-lecer-cultural-para-toda-familia-eido-dixital

Recursos educativos online para que os Nenos aprendan na casa: apps, fichas para imprimir, xogos e máis

 

 

Para que se entreñan e divirtan aprendendo nestos días, estos 83 recursos educativos online para entreter aos nenos , destinados aos peques de Educación Infantil y Primaria.

 

RECURSOS

Resultado de imaxes para: FOTOS ACTIVIDADES ESCOLARES SEN COPIRIGHT

 

Listado de iniciativas de Apps españolas que están ofrecendo gratis os seus contidos Premium para axudar a que os menos sigan aprendendo dende casa

 

 

 

Academons Primaria:  la App de Homeschooling está ofreciendo 30 días de acceso gratis a todo su catálogo de juegos de Matemáticas, Lengua, Inglés, Ciencias y Science  http://bit.ly/Academons_Gratis

 

Ta-tum: del grupo editorial Edelvives, ofrece acceso gratuito hasta el mes de julio a esta plataforma para el fomento de la lectura  http://bit.ly/Edelvives_Tatum

 

Smartick: esta App malagueña está ofreciendo acceso 15 días gratis a su App para repasar las matemáticas.  http://bit.ly/Smartick_15

 

Genially: la plataforma para hacer presentaciones interactivas ofrece por un tiempo limitado sus plantillas y recursos Premium gratis   http://bit.ly/Genially

 

 AMCO: Acceso los juegos de Mates y Lengua de su App Eduzland gratis por un tiempo limitado   https://amconews.es/eduzland/

 

Smile and Learn: esta App para los más pequeños de la casa está ofreciendo acceso gratuito durante un mes a su catálogo de juegos interactivos.   http://bit.ly/smile_learn

 

M.A.R.S.: esta App del grupo SM ofrece códigos descuento para acceder a los contenidos de 3º a 6º de Primaria.  http://bit.ly/MARS_App

 

Cerebriti Edu: ofrece sus más de 50.000 juegos de Primaria y Secundaria gratis hasta final de curso  http://bit.ly/Cerebriti_Edu

 

 

NOVIDADES NO PROCESO DE ADMISIÓN DO ALUMNADO

PROCESO DE ADMISIÓN

 

Amplíase provisionalmente o prazo de presentación telemática e presencial de solicitudes de admisión

que finalizará 1 semana despois do reinicio das clases.

 

Recoméndase a utilización preferente da modalidade telemática para a presentación
das solicitudes

ARTS AND CRAFTS 1º PRIMARIA

Os alumn@s de 1º de primaria traballaron moito para facer estas fermosas árbores navideñas.

ARTS AND CRAFTS 2º PRIMARIA

Os alumn@s de 2º de primaria fixeron estes arboliños navideños na clase de plástica.

Festival Nadal 2019

O Festival de Nadal 2019 terá lugar nas seguintes datas:

 

Xoves 19 de decembro as 12:00: Festival de Ed. Infantil

Venres 20 de decembro as 11:00: Festival Ed. Primaria

 

 

Distribuir contido