2ª AVALIACIÓN
Estimadas familias:
As autoridades Educativas correspondentes ditan as seguintes instruccións con respecto ao 2º Trimestre:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre. Cada centro, dentro da súa autonomía pedagóxica e de xestión, disporá as medidas precisas para a súa formalización, na medida do posible, antes do 3 de abril.
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma (14/03/2020) . En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
Atendendo a estas instrucóns o noso centro procedera a publicar as notas do 2º Trimestre o venres 3 de Abril. As notas serán publicadas na plataforma ABALAR MÓBIL, polo que recomendanos que todas as familias teñan instalada esta aplicación no seu dispositivo móbil
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/espazo/abalarmobil/faq/como-puedo-descargar-abalarmobil
ou acceso a través da súa páxina web https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es.
Ante calquer problema non dúbidides en contactar con nós a través do correo ou do telefono do centro.
Atentamente a Dirección do Centro.
Moito ánimo para todos.