Cuestionario a las familias sobre el uso y valoración de recursos educativos digitales (RED) en educación infantil.

Cuestionario a las familias sobre el uso y valoración de recursos educativos digitales (RED) en educación infantil.

 

Estimadas familias,

Este cuestionario forma parte da investigación denominada “Los materiales didácticos digitales en la Educación Infantil. Análisis y propuestas para su uso en la escuela y el hogar. Infanci@ Digit@l (RTI2018-093397-B-100) financiada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), o Ministerio de Ciencia e Innovación e a Axencia Estatal de Innovación (AEI). Dito estudio ten como obxectivo identificar e analizar a oferta de recursos educativos dixitais coa que se traballa no 2º ciclo de Educación Infantil (3-6 años), así como coñecer os usos e valoracións que deles fai o profesorado e as familias.

Igualmente e tendo en conta as circunstancias actuais provocadas pola Covid-19 consideramos oportuno incorporar algunhas cuestións relacionadas coa influencia deste acontecemento no uso dos recursos educativos.

Como poderá comprobar, o cuestionario está redactado integramente en castelán. Cómpre informar que nesta investigación participa un equipo composto por persoal docente e investigador de tres comunidades autónomas estatais: Galicia, a Comunidade Valenciana e Canarias. Por este motivo, a ferramenta deseñada decidiu facerse en castelán, ao que se engadiu unha dificultade de peso: a categorización, extración e a análise de datos. Estes procesos poderían verse afectados se o cuestionario se exportase en varias linguas á vez.

A súa colaboración é de vital importancia neste estudo, polo que agradecemos de antemán a súa colaboración. As respostas serán anónimas. O tempo aproximado para cumprimentalo é de 15 minutos. No seguinte enlace encontrá a información disponible para poder responder ao cuestionario.

CUESTIONARIO

Pediríamoslles que nos envíen o cuestionario acabado antes do 15 de Marzo.

De antemán, moi agradecidos pola súa colaboración no proxecto. Somos moi conscientes do gran esforzo que supón nestes momentos realizar este traballo.

Manuel Area Moreira, Universidade de la Laguna,

Jesús Rodríguez Rodríguez, Universidade de Santiago de Compostela.