Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

INFORMACIÓN USO MASCARILLAS NOS RECREOS

O pasado 18-03-2022 as Consellerías de Sanida e de Educación fixeron un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos.

No citado comunicado deixa de recomendarse o seu uso.

Para consultar o comunicado podedes premer na imaxe.

 

MATRICULACIÓN NOVO ALUMNADO CURSO 2022-23

Comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado.

Podedes consultar toda a información na seguinte presentación. Para calquera dúbida podedes chamar ao centro ou preguntar por correo electrónico.

PRESENTACIÓN COLE

Para as familias que non puideron asistir á xornada de portas abertas, publicamos unha presentación co resumo do falado na presentación. Un saúdo.

ENTROIDO 2022

ORIENTACIÓNS USO DAS NOVAS TECNOLOXÍAS NO USO DO FOGAR

Debido á influencia negativa do uso excesivo das novas tecnoloxías no ámbito do fogar, deixamos unhas orientacións que poden ser de moita utilidade para as familias.

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Ante a evolución positiva nos últimos días dos datos sanitarios da pandemia na que estamos inmersos, este ano decidimos celebrar a  xornada de portas abertas para as familias de nova matrícula que queiran coñecer o centro.

Para facilitar a organización da visita, rogamos que enviedes correo electrónico á seguinte dirección ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal confirmando a vosa asistencia.

Por motivos de seguridade, limitarase a 1 persoa por unidade familiar.

O día será o próximo luns 21 ás 16:00h.

Un saúdo.

V EDICIÓN "CANTANDO COAS MANS"

Un ano máis volvemos a participar no certame "Cantando coas mans" organizado pola FAXPG. Imos pola V edición.

Para consultar toda a información podedes premer na seguinte presentación.

Moito ánimo e a practicar moito!!!!

RESERVA PRAZA IES DAVID BUJÁN ALUMNADO DE 6º

APARICIÓN SINTOMATOLOXÍA COMPATIBLE COA COVID-19

O pasado venres publicouse o novo protocolo de actuación nos centros educativos.

Aquí deixmos unha presentación-resumo de como actuar no caso da aparición dalgún síntoma compatible coa Covid-19.

Na presentación está incluido enlace aos seguintes protocolos:

  • Protocolo de vixiancia e control epidemiolóxico fronte ao virus SARS-Cov-2 (COVID 19) no ámbito educativo non universitario de Galicia.
  • Protocolo para a detección de infeccións polo SARS-Cov-2 con test rápido de antíxeno en saliba en centros de educación primaria.

NOTA INFORMATIVA

NOTA INFORMATIVA

Informamos que dende esta mañá xa está arranxado o problema co teléfono do centro.

Un saúdo.

Distribuir contido