|
|||
O pasado venres adiantamos a celebración do día das nosas letras. A rapazada toda organizou unha romaría no anfiteatro da vila de Cambre. Tivemos actuacións musicais, lecturas da obra de Florencio Delgado, arte, pintura, sendeirismo e sobre todo desfrute, moito desfrute. Na seguinte presentación queremos compartir ese día con todas as familias. Así que agardamos que desfrutedes vendo o traballo de todo o alumnado, tanto como desfrutaron eles. |
|||
NOTA INFORMATIVA Ao amparo do disposto no artigo 7.2 da Orde do 19 de maio de 2021 (DOG Núm.104 do 4 de xuño), a xefatura territorial resolveu autorizar o día 16 de maio como día non lectivo ao CEIP Gonzalo Torrente Ballester, polo que o próximo luns 16 non haberá clase. |
|||
Para consultar as novas directrices para o uso das máscaras nos centros educativos, podedes premer na imaxe. |
|||
Xa está aberto o prazo de votación para o premio do público da V edición do concurso "Cantando coas mans" convocado pola FAXPG no que participa o centro por quinta vez. Tedes de prazo para votar a canción que máis vos guste ata o mércores 27 ás 12:00h. (a nós foi o do CEIP Torrente Ballester-Olvídame). Animádevos a votar!!!!!! Premede na imaxe para acceder á votación.
|
|||
Acabamos de recibir o xustificante de ingreso na conta de Save the Children dos cartos recadados na Carreira Solidaria deste ano. A cantidade total foi de 1579,3 euros. Moitísimas grazas a todos pola vosa colaboración neste proxecto solidario. Así mesmo recibimos o diploma acreditativo da participación do centro. Podedes premer no diploma para ver o xuntificante de ingreso. |
|||
O pasado luns recibimos a visita de Iker Sertucha (Presidente da FAXPG) e de Fernando Gozález Abeijón (Dir. Xeral de Maiores e Discapacitados da Xunta de Galicia) no que comprobaron de primeira man o traballo inclusivo que estase a realizar no centro. Quedaron encantados co traballo e esforzo do alumnado do centro nun tema tan sensible como é a inclusión. Esta visita non pasou desapercibida nas redes sociais das administracións que nos visitaron. Podedes consultalas, así como vídeos e imaxes da citada visita, na seguinte presentación. |
|||
NOTA INFORMATIVA Rematado o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado para o curso 2022-23, ao non cubrirse o número de vacantes existentes danse por admitidas todas as solicitudes presentadas. Lembramos que para facer efectiva a matrícula deberán de formalizala no prazo correspondente. Prazo de formalización de matrícula do 20 ao 30 de xuño. A documentación necesaria para a formalización de matrícula publicarase nesta mesma páxina web no mes de xuño. |
|||
NOTA INFORMATIVA Informamos de que por motivos técnicos amplíase en 24 horas máis a presentación de solicitudes por vía telemática na sede electrónica. Esta ampliación afecta soamente ás solicitudes presentadas por esta vía. Por este motivo, amplíase igualmente en 24 horas o prazo de publicación de admitidos/excluidos. Mañá mércores publicarase o listado definitivo. |
|||
|
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 6
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- …
- seguinte ›
- última »