Éste é o noso organigrama:

CONSELLO ESCOLAR:

É o máximo órgano de goberno dos centros educativos. Ten carácter colexiado e canaliza a participación de todos os grupos e estamentos que compoñen a comunidade escolar dun centro. A súa constitución é obrigatoria en calquera centro que estea xestionado con fondos públicos, xa sexa un centro público ou concertado. Os membros do CE renóvanse cada dous anos por metades, excepto os pertencentes ao equipo directivo que están como mínimo catro cursos.

As decisións do CE se toman por maioría simple e no caso de empate o voto do presidente é quen decide. Todas as decisións se toman baixo este procedemento, agás as reelección do director na que se debe obter a maioría absoluta.

«Artigo 127. Competencias do consello escolar.

O consello escolar do centro terá as seguintes competencias:

a) Avaliar os proxectos e as normas a que se refire o capítulo II do título V da presente lei orgánica.

b) Avaliar a programación xeral anual do centro, sen prexuízo das competencias do claustro do profesorado, en relación coa planificación e organización docente.

c) Coñecer as candidaturas á dirección e os proxectos de dirección presentados polos candidatos.

d) Participar na selección do director do centro, nos termos que a presente lei orgánica establece. Ser informado do nomeamento e cesamento dos demais membros do equipo directivo. Se for o caso, logo de acordo dos seus membros, adoptado por maioría de dous terzos, propor a revogación do nomeamento do director.

e) Informar sobre a admisión de alumnos e alumnas, con suxeición ao establecido nesta lei orgánica e disposicións que a desenvolvan.

f) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e velar por que se ateñan á normativa vixente. Cando as medidas disciplinarias adoptadas polo director correspondan a condutas do alumnado que prexudiquen gravemente a convivencia do centro, o consello escolar, por instancia dos pais, nais ou titores legais, poderá revisar a decisión adoptada e propor, se for o caso, as medidas oportunas.

g) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, a igualdade entre homes e mulleres, a igualdade de trato e a non discriminación polas causas a que se refire o artigo 84.3 da presente lei orgánica, a resolución pacífica de conflitos, e a prevención da violencia de xénero.

h) Promover a conservación e renovación das instalacións e do equipo escolar e emitir informe sobre a obtención de recursos complementarios, de acordo co establecido no artigo 122.3.

i) Emitir informe sobre as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, coas administracións locais, con outros centros, entidades e organismos.

j) Analizar e valorar o funcionamento xeral do centro, a evolución do rendemento escolar e os resultados das avaliacións internas e externas en que participe o centro.

k) Elaborar propostas e informes, por iniciativa propia ou por petición da Administración competente, sobre o funcionamento do centro e a mellora da calidade da xestión, así como sobre aqueloutros aspectos relacionados coa súa calidade.

l) Calquera outra que lle sexa atribuída pola Administración educativa.»

 

  • COMPOSICIÓN DO CONSELLO ESCOLAR: A composición do Consello Escolar responde á lexislación vixente, estando constituído pola dirección e secretaría do centro, 3 representantes do titular, 4 representantes do claustro, 4 representantes das familias (un deles elixidos pola asociación de nais e pais), un representante do persoal non docente e un representante do Concello.


ver composición do CE do CEIP GONZALO TORRENTE BALLESTER

 

CLAUSTRO DE MESTRES:

O Claustro de Mestres-as é presidido polo Director/a, e está integrado pola totalidade dos mestres/as que presta servizo docente no Centro. O Claustro é o órgano de participación dos mestres/as e ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e informar os aspectos docentes do Centro, sendo a súa función primordial a de impartir a docencia a todas as alumnas e alumnos.

ver Claustro de mestres do CEIP GONZALO TORRENTE BALLESTER