LETRAS GALEGAS 2022

O pasado venres adiantamos a celebración do día das nosas letras. A rapazada toda organizou unha romaría no anfiteatro da vila de Cambre. Tivemos actuacións musicais, lecturas da obra de Florencio Delgado, arte, pintura, sendeirismo e sobre todo desfrute, moito desfrute.

Na seguinte presentación queremos compartir ese día con todas as familias. Así que agardamos que desfrutedes vendo o traballo de todo o alumnado, tanto como desfrutaron eles.