O pasado 18-03-2022 as Consellerías de Sanida e de Educación fixeron un comunicado conxunto sobre a recomendación do uso de máscaras nos patios dos centros educativos. No citado comunicado deixa de recomendarse o seu uso. Para consultar o comunicado podedes premer na imaxe. |
|||
Comeza o prazo de presentación de solicitudes de admisión de novo alumnado. Podedes consultar toda a información na seguinte presentación. Para calquera dúbida podedes chamar ao centro ou preguntar por correo electrónico. |
|||
Para as familias que non puideron asistir á xornada de portas abertas, publicamos unha presentación co resumo do falado na presentación. Un saúdo. |
|||
|
|||
Debido á influencia negativa do uso excesivo das novas tecnoloxías no ámbito do fogar, deixamos unhas orientacións que poden ser de moita utilidade para as familias. |
|||
Ante a evolución positiva nos últimos días dos datos sanitarios da pandemia na que estamos inmersos, este ano decidimos celebrar a xornada de portas abertas para as familias de nova matrícula que queiran coñecer o centro. Para facilitar a organización da visita, rogamos que enviedes correo electrónico á seguinte dirección ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal confirmando a vosa asistencia. Por motivos de seguridade, limitarase a 1 persoa por unidade familiar. O día será o próximo luns 21 ás 16:00h. Un saúdo. |
|||
Un ano máis volvemos a participar no certame "Cantando coas mans" organizado pola FAXPG. Imos pola V edición. Para consultar toda a información podedes premer na seguinte presentación. Moito ánimo e a practicar moito!!!! |
|||
|
|||
O pasado venres publicouse o novo protocolo de actuación nos centros educativos. Aquí deixmos unha presentación-resumo de como actuar no caso da aparición dalgún síntoma compatible coa Covid-19. Na presentación está incluido enlace aos seguintes protocolos:
|
|||
NOTA INFORMATIVA Informamos que dende esta mañá xa está arranxado o problema co teléfono do centro. Un saúdo. |
|||
- « primeira
- ‹ anterior
- …
- 7
- 8
- 9
- 10
- 11
- 12
- 13
- 14
- 15
- …
- seguinte ›
- última »