Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

NOVAS COMEDOR

healthy food (Flyer) de helenamonteroh

PRIMEIRO DÍA DE CLASE

Prezadas familias:

Mañá 8 de setembro será o primeiro día de clase e por esa razón as normas de entrada serán diFerentes da rutina habitual.

Mañá as familias poderedes acompañar as crianzas ata o patio cuberto onde vos daremos a benvida e iremos chamando un/unha a un/unha a cada neno/a para que vaia subindo a clase con cada titor/a e o seu grupo.

A partir do día 9 as familias deixaredes ao alumnado na porta de entrada e eles/elas entrarán sós/soas. Haberá un mestre/a na porta para calquera dúbida que poida xurdir.

Este ano non hai protocolo Covid, a entrada será de 9:20 a 9:30 para todo o alumnado.

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2022-23

As actividades extraescolares organizadas pola ANPA comezarán o día 3 de outubro.

Desde o centro recuperamos a actividade de biblioteca que se levará a cabo os MARTES, MÉRCORES e XOVES de 16:30 a 17:45. e dará comezo o día 4 de outubro.

As familias interesadas na actividade poden descargar o impreso premendo na seguinte imaxe:

CALENDARIO ESCOLAR 2022-23

 Para consultar a Orde depublicación do calendario escolar para o curso 2022-23, podedes premer na imaxe.

 

INFORMACIÓN ALUMNADO USUARIO DE COMEDOR

AVISOS IMPORTANTES

 

O alumnado USUARIO DE COMEDOR deberá ter en conta a seguinte información:

  • O alumnado usuario do servizo de comedor que faga uso do mesmo en días alternos, ten que notificalo vía correo electrónico ao centro. De non facelo, cobraráselle polo servizo ainda que non fixera uso do mesmo.
  • O alumnado que por calquer imprevisto non vaia  facer uso do servizo de comedor, deberá notificalo ao centro por correo electrónico antes das 9:30 h dese mesmo día.
  • A recollida do alumnado será unha vez finalizado o servizo ás 16:30 h
  • Lembramos que o prazo para enviar o correo electrónico co informe médico das dietas especiais remata hoxe. Como o servizo de comedor se inicia o xoves 8, aqueles usuarios que non fixeran o trámite, non terán a súa dieta.

Un saúdo

MATERIAL ESCOLAR AULAS CURSO 2022-23

ABALARMOBIL

Lembramos a todas as familias que unha das canles de comunicación oficial coas familas é abalarMóbil. Polo que é obrigatorio ter descargada a aplicación no teléfono móbil.

Tedes toda a información premendo na seguinte imaxe.

INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR

AVISO IMPORTANTE

Os usuarios de comedor deberan ter en conta as seguinte informacións:

1.- Todos o alumnado que teña que pagar polo servizo, deberá descargar e cubrir o seguinte documento e envialo por correo electrónico á seguinte dirección de correo:

ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.gal 

O prazo de presentación será ata o día 16 de setembro.

                                  

2.- O alumnado que teña algunha alerxia deberá enviar á mesma dirección de correo electrónico o xustificante médico actualizado.

Neste caso o prazo de presentación será ata o día 6 de setembro.

AVISO IMPORTANTE

AVISOS IMPORTANTES

Todas aquelas familias que solicitaron comedor para as súas crianzas, deben entregar o modelo de autobaremación para poder gozar do servizo de comedor, senón quedarán excluídas do mesmo.

Así mesmo, as persoas que non recolleron os cheques de material e libros nos prazos establecidos, poderán recollelos neste comezo de curso.

 

OS DÍAS E HORARIOS PARA AS DÚAS CUESTIÓNS SON:

1,2 E 5 DE SETEMBRO

DE 10 A 13

NOTA INFORMATIVA

 

A PARTIR DE HOXE O CENTRO PERMANECERÁ PECHADO AO PÚBLICO

ATA O VINDEIRO 1 DE SETEMBRO.

 

EN CASO DE TER ALGUNHA URXENCIA PODEDES CHAMAR AO TELÉFONO 881960131

OU CONTACTAR MEDIANTE O CORREO DO CENTRO CEIP.GONZALO.TORRENTE.CAMBRE@EDU.XUNTA.GAL

 

SE QUEREDES FACER ALGUNHA CONSULTA, NAS DISTINTAS PUBLICACIÓNS E  APARTADOS DESTA WEB ATOPAREDES TODA A INFORMACIÓN.

 

UNHA APERTA A TODA A COMUNIDADE EDUCATIVA E BO VERÁN.

 

Distribuir contido