Rúa Souto s/n Sigrás - Cambre 15181 A Coruña 881 96 01 31 ceip.gonzalo.torrente.cambre@edu.xunta.es

CONCURSO POSTAIS DE NADAL

Premede na imaxe para ver ao postais.

MICROS DE CORES

Recuperamos o noso proxecto de radio escolar no GTB. Con esta publicación de dúas marabillosas entrevistas nace MICRO DE CORES. Un espazo radiofónico cheo de contidos que servirá para manternos informados do que pasa no cole, entrevistas para coñecer ás persoas que forman a nosa comunidade educativa, e moitas cousas máis. Desexámoslle unha longa vida a este fantástico proxecto, esperamos que o disfrutedes. 

Micros de Cores de Profe R

LENDAS DE SAMAÍN

Con un pouco de retraso queríamos compartir con toda a comunidade educativa unhas terroríficas lendas que nos contaron en 4º de primaria. Agardamos que as disfrutedes e non pasedes moito medo.......

25N. O GTB CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO

Hoxe 25 de novembro celébrase o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e no cole non se nos ocurriu mellor maneira que lembrar a todalas víctimas dunha maneira moi especial.

En primer lugar, o alumnado de 6º fixo un traballo de investigación no que queda claro que a día de hoxe existe unha gran desigualdade de xénero na nosa sociedade.

Despois algunhas das alumnas de 5º de EP representaron a obra "Las niñas vuelan alto", coa que queren expresar que ninguén pode facernos crer que ningunha muller e inferior a ningún home.

E para finalizar fixemos un fermoso concerto.

Si queredes ver as actuacións, non tedes máis que ver a seguinte presentación.

25 N

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 23-24

MENÚS COMEDOR ESCOLAR 2023-24

AVISO IMPORTANTE

AVISO IMPORTANTE

Estimadas familias:

Todas as familias teredes que entregar IMPRESO ás persoas titoras O PRIMEIRO DÍA DE CLASE, LUNS 11 DE SETEMBRO, os seguintes documentos:

1.- Para todo o alumnado do centro, as persoas que autorizades a recoller ás vosas crianzas (na escola á saída de mañá e de tarde, na escola por imprevisto a media mañá, na parada de bus, etc). Lembramos que para actividades extraescolares, as persoas autorizadas teredes que comunicarllas á ANPA.

É moi importante a entrega deste papel.

2.- Para o alumnado de 5º e 6º as familias que autoricen aos seus fillos e fillas a saír do centro sen ir acompañado dun adulto deberán traer cuberto o seguinte impreso:

 

INFORMACIÓN IMPORTANTE PARA USUARIOS DE COMEDOR

INFORMACIÓN IMPORTANTE USUARIOS COMEDOR

Información importante para os usuarios do servizo de comedor. Para consultala, premede no icono.

 

MATERIAL AULAS CURSO 2023-24

Distribuir contido