Skip to Content

blogue deadministrador

AXUDAS MUNICIPAIS PARA COMEDOR, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR

Informamos ás familias que saíron as seguintes axudas municipais:

- Comedor (para alumnado de infantil e primaria)

- libros de texto (para alumnado de infantil)

- material escolar (alumnado de educación infantil)

Poden recoller en secretaría ou na ANPA o tríptico informativo e o impreso de solicitude ou descargar e imprimir o arquivo adxunto. Recordamos que a tramitación desta axuda faise no concello e que teñen que pedir cita previa chamando ao teléfono 010 ou no 986 810 260.

 

 

A dirección.

JORNADA "Salud infantil sin bulos para padres millennials"

SaludInfantilsinBulos para Padres Millennials’ es una iniciativa del Instituto #SaludsinBulos y el blog Padres Millennials para ayudar a padres y profesionales sanitarios a combatir los bulos de salud en internet.

Organizan un simposio para padres, abuelos, docentes, en el que se abordarán temas que afectan a la salud de los niños en todas las etapas y sobre los que existe mucha desinformación: la introducción de alimentos en bebés, las vacunas, la dentición, el sueño, y el alcohol y las drogas en adolescentes. 

El simposio se celebrará el 25 de mayo en el Hospital Álvaro Cunqueiro, Salón de Actos (Plta. 0) y tiene un coste de 12€ (desayuno y merienda incluida). Pueden inscribirse en este enlace:

 

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Hoxe saíu publicada a Orde que regula:

- axudas para material escolar (alumnos de 1º a 6º de educación primaria, ESO, educación especial)

- axudas para a adquisición de libros de texto (alumnos de 1º e 2º de educación primaria)

- e o fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º a 6º de educación primaria, ESO e educación especial)

 

Información importante: 

1. O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe 21 de maio e remata o día 21 de xuño de 2019 (incluído).

2. Os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado serán os encargados de facer a solicitude. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Si se fai por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Si se fai deste xeito (en papel) cubrirase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no noso centro para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. O alumnado que vai promocionar á ESO deberá entregala no centro no que vai continuar os seus estudos. 

 

Documentación que hai que achegar: poden consultala descargando o ficheiro adxunto, na Orde ou na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

XV XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS

A Secretaría Xeral da Igualdade está organizando a XV  XORNADA DE NAIS E PAIS, EDUCAR EN IGUALDADE: COEDUCACIÓN E PREVENCIÓN DA VIOLENCIA DE XÉNERO DESDE AS FAMILIAS para as nais e pais e as súas fillas e fillos.

 

Xuntamos o programa das xornadas. Contarán cun servizo de atención a menores  baixo petición, para atender aos cativos e ás cativas entre 12 meses e 10 anos.

 

Para intentar facilitar a asistencia ás familias, ó profesorado e o público en xeral, esta actividade formativa celebrarase nas catro provincias nas seguintes datas:

  • A CORUÑA | 31 DE MAIO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Praza Luis Seoane, s/n).
  • LUGO | 1 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Ronda da Muralla, 70).
  • PONTEVEDRA | 7 DE XUÑO | 17:00 h - 20:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida Fernández Ladreda, 43).
  • OURENSE | 8 DE XUÑO | 10:00 h - 13:30 h, Delegación Territorial da Xunta de Galicia (Avenida da Habana, 79)

 

A Secretaría Xeral da Igualdade estará a súa disposición para toda a información que requira, no enderezo electrónico xornadas.igualdade@xunta.es e nos teléfonos 981 545360/ 981 545312. Achegámoslle o cartel e folleto informativo onde figura o programa e os datos do formulario de inscrición, que tamén se atopan dispoñibles na nosa páxina web http://igualdade.xunta.es/

Neurodidáctica: aplicación da neurociencia á educación

 

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa, impartida por José Ramón Gamo: Neurodidáctica: aplicación da neurociencia á educación que se vai celebrar no IES A Guía, o día 13 de maio de 2019 en horario de 17:00 a 19:00

 

Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

 

RECTIFICACIÓN NA LISTAXE PROVISIONAL CO BAREMO DO PROCESO DE ADMISIÓN. CURSO 19/20

ADVERTIDO ERRO NA LISTAXE, Modifícase a día 23 de abril ás 12:12h.

Achegamos o arquivo co listado de alumnado que solicitou praza no noso centro. Aparece o baremo que lle corresponde a cada un. Deben revisalo e, no caso de que haxa algún erro, solicitar a revisión no noso centro.

Recordamos que o prazo para facer reclamacións vai do 26 de abril ao 7 de maio.

Un saúdo

A dirección

Actividade formativa para as familias: "Claves para unha escola inclusiva"

O CFR de Vigo invita ás familias a participar na seguinte sesión formativa:

 

-       Claves para unha escola inclusiva que se celebrará no VERBUM (Avda Samil, 17)  o día 26 de abril de 2019 en horario de 16:30 a 19:30

 


 Para asistir a dita sesión poden inscribirse a través do correo electrónico cfr.vigo@edu.xunta.es ou a través do teléfono 986202370

ADMISIÓN ALUMNADO, CURSO 2019-2020

NORMATIVA REGULADORA.

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/13/2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)

 

 POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.

Modifícase o número de prazas vacantes a día 12 de marzo de 2019, resultando as seguintes:

4º Infantil

5º Inf

6º Inf

1º Primaria

2º Prim

3º Prim

4º Prim

5º Prim

6º Prim

44 + 6 NEAE*

0

0

1 NEAE*

0

1

0

0

0

 

*Inicialmente reservados para alumnado con necesidades específicas de apoio educativo (atendendo ao disposto no artigo 3º.2 da Orde do 12 de marzo de 2013).

 

SOLICITUDES.

 Prazo de presentación de solicitudes de admisión:

Do 1 ao 20 de marzo

 

Modo de presentación de solicitudes: Pódese facer a través dun dos seguintes procedementos:

 1.- A través da aplicación <admisionalumnado>

(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado).

Cubren o formulario de admisión a través do menú Solicitudes - Admisión - Crear solicitude de admisión. Feito iso poden optar por:

  • Cubrir e imprimir dito formulario e achegalo ao centro educativo no que queren matricular ao seu fillo ou filla en primeira opción.
  • Se dispoñen de certificado dixital ou chave 365, presentalo na Sede Electrónica a través da aplicación.

 2.-. Cubrindo e entregando no centro de primeira opción o impreso que está a súa disposición na citada aplicación ou na secretaría do centro.

 Cada alumno/a só pode presentar unha única solicitude no centro no que solicite praza en primeiro lugar, poden pór ata 6 centros por orde preferencia. (A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle).

O alumnado que ten garantía de permanencia nun centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe antes do 1 de marzo.

O alumnado que ten reservada praza nun centro adscrito, se presenta solicitude noutro, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión.

 DOCUMENTACIÓN.

 

  • A solicitude de admisión deberá ir acompañada da fotocopia da documentación acreditativa do requisitio de idade (DNI do alumno/a ou fotocopia do Libro de Familia).
  • Copia do DNI da persoa solicitante e dos membros computables da unidade familiar, cando deneguen a súa consulta.
  • Certificado oficial do expediente académico, no seu caso.
  • Sentencia xudicial de separación ou divorcio e/ou convenio regulador onde conste a custodia do menor, no seu caso.
  • Cando o número de solicitudes sexa superior ao número de prazas ofertadas polo centro, abrirase un prazo para achegar a documentación xustificativa dos criterios do baremo.
  • Toda a documentación que se presente deberá ir acompañada da orixinal ou presentar copia cotexada.

 

 CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo

Presentación listaxe  de solicitudes presentadas

O 25 de marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 25 de marzo ao 5 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

Do 26 de abril ao 7 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 28  de xuño

O alumnado e as familias poderán consultar o estado de tramitación das súas solicitudes:

-A través da aplicación <admisionalumnado> (https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado), utilizando o código de solicitude e o número de DNI da persoa solicitante.

 

CRITERIOS XERAIS PARA A ADMISIÓN DO ALUMNADO.

  1. Existencia de irmás/áns matriculadas/os no centro.
  2. Nai, pai, titora ou titor que traballe no centro.
  3. Proximidade do centro ao domicilio familiar ou ao lugar de traballo das/dos nais/pais ou titoras/es.
  4. Renda anual per cápita da unidade familiar.
  5. Condición de familia numerosa.
  6. Condición de familia monoparental.
  7. Concorrencia de discapacidade na alumna ou alumno, ou en nai, pai, titora, titor, irmá ou irmán do alumnado.

 

CRITERIO COMPLEMENTARIO DO BAREMO FIXADO POLO CONSELLO ESCOLAR.

    O criterio complementario é solicitar en primeiro lugar un centro de ensino público. A valoración deste criterio será dun punto.

 

HORARIO DA SECRETARÍA.

   O horario da secretaría para a entrega de solicitudes e documentación é de 9:00h a 14:00 h, de luns a venres.

 

EXPOSICIÓN DA INFORMACIÓN SOBRE O PROCESO:

           Toda a información estará exposta nos taboleiros de anuncios do colexio e na páxina web: www.edu.xunta.es/centros/ceipgarciabarbon/

 

SERVICIOS COMPLEMENTARIOS:

O centro dispón de servizo de comedor e Aula Matinal que, xunto coas actividades extraescolares, son xestionadas pola ANPA. Para calquera información sobre os servizos ofertados e as actividades, deberán porse en contacto con dita asociación. O horario de atención ao público da ANPA é de 9:00 a 9:30 h e de 13:45 a 14:15 horas.

Teléfono: 660175215  

E-mail: anpa.garcia.barbon@gmail.com

Máis información en http://anpagarciabarbon.org/

 

CENTRO ADSCRITO:

O Instituto de Educación Secundaria ao que está adscrito o CEIP García Barbón é o IES ROSAIS 2.

 

ÁREA DE INFLUENCIA:

Comprende dende o cruce de Isaac Peral e Camiño do Viso, seguindo pola rúa San Xoán do Monte ata o cruce coa rúa Cantabria; e seguindo pola Avenida do Aeroporto ata a rúa Tomás Elvira e dende aquí pola Avenida Ramón Nieto, rúa Urzaiz e rúa Colón ata o porto.

 

Na páxina: www.escolasvigo.org/mapas poden consultar as áreas de influencia de Vigo e a que lle corresponde introducindo o seu enderezo.

FOLGA DO DÍA 8 DE MARZO DE 2019

Informamos ás familias que o vindeiro día 8 de marzo, Día Internacional das Mulleres, está convocada unha folga xeral.

Tendo en conta o Decreto 16/2019, do 28 de febreiro, polo que se ditan normas para garantir os sevizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2019, estes servizos quedan establecidos da seguinte maneira:

 

1.7.3. Centros docentes non universitarios de titularidade pública:

  • A dirección ou membro do equipo da dirección
  • 1 subalterno ou subalterna en cada centro escolar. [...] En todo caso, quedará garantida a apertura e peche de todos os centros.
  • 1 encargado do cátering en cada un dos comedores de xestión indirecta.
  • 1 auxiliar coidador/a en cada centro educativo que non sexa centro de educación especial e que neste curso teña asignado persoal desa categoría.

Os usuarios do comedor escolar que non vaian facer uso deste servicio deben poñerse en contacto coa ANPA urxentemente para favorecer a organización do comedor. Poden facelo a través da app, do whastapp ou chamando de 13:30 a 19:00.

ENQUISA DE CONVIVENCIA

Ao longo desta semana o alumnado levou unha circular da Consellería onde informaba do proceso de diagnose e seguimento da convivencia escolar. Esta levarase a cabo a través dunha enquisa á cal se accede a través da páxina

https://www.edu.xunta.es/

Na circular teñen un contrasinal para poder acceder. Unicamente se pode utilizar unha vez. Se teñen algunha incidencia pasen por secretaría. A enquisa é totalmente anónima e estará aberta ata o 17 deste mes de marzo.

Se necesitan máis información poden atopala no seguinte enlace.

Agradecemos ás familias a vosa colaboración.

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut