Skip to Content

blogue deadministrador

PROA

Informamos ás familias que a actividade de PROA levarase a cabo con normalidade nos horarios habituais.

Un saúdo

A direccion

LISTAXES DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Poden consultar o listado de solicitudes de admisión presentadas no centro no taboleiro exterior do colexio ou descargando o documento adxunto. Estas listas están por orde alfabética, non é orde de admitidos ou excluídos.

 

INFORMACIÓN DE ÚLTIMA HORA: Vanse baremar todas as solicitudes recibidas, independentemente de si ofertamos ou non plaza para ese nivel. Os solicitantes deben entregar os documentos que consideren oportunos para baremar do día 3 ao 6 de marzo na secretaría do centro, de 9:00 a 14:00h. Se autorizaron a consulta automática destes datos: familia numerosa, discapacidade... xa non teñen que entregar documentación relativa a esta na secretaría do centro. 

 

Un saúdo

 

A dirección

TALLER "DESENVOLVE O TALENTO E A CREATIVIDADE"

FOAMPAS organiza o taller "DESENVOLVE O TALENTO E A CREATIVIDADE" dirixido á comunidade educativa dos centros de ensino público.

Para inscribirse deben chamar ao 986 298 812 ou en foanpas@foanpas.com

Teñen máis información no cartel.

 

A dirección

 

FOLGA DO DÍA 8 DE MARZO DE 2018

DECRETO 26/2018, do 1 de marzo, polo que se ditan normas para garantir os servizos esenciais durante a folga convocada para o día 8 de marzo de 2018.

A Confederación Intersindical Galega (CIG), a Central Unitaria de Traballadores (CUT), o Sindicato Labrego Galego, o Sindicato Ferroviario- Intersindical, a Confederación Nacional do Traballo (CNT), o Sindicato Nacional de Comisións Obreiras en Galicia (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores Galicia (UGT), a Confederación Intersindical (CI), o Sindicato Comisións de Base (CO.Bas), a Confederación Xeral do Traballo (CGT), a Alternativa Sindical de Trabajadores (AST), a Unión Sindical Obrera (USO), e o Sindicato de Traballadores e Traballadoras do Ensino (STEG) comunicaron diversas convocatorias de folga xeral con diversos tramos horarios para o día 8 de marzo de 2018, e que afectará todas as actividades e centros de traballo, tanto empresas privadas como do sector público, con vínculo funcionarial, estatutario ou laboral, no ámbito territorial da Comunidade Autónoma de Galicia ou na Administración Exterior, e que se desenvolverá dende as 00:00 horas do 8 de marzo ata as 24:00 do mesmo día.

 

Establécense os seguintes servizos mínimos:

- Vanesa Rodríguez Araújo (Directora)

- Severino Sánchez Domínguez (porteiro- vixiante)

- Encarna González Lago (encargada de cátering)

- Beatriz Arbones Fernández (Auxiliar coidadora)

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2018- 2019

POSTOS ESCOLARES OFERTADOS.

 

4º E. Inf

5º E.Infan

6º E.Infan

1º E.Prim

2º E.Prim

3º E.Prim

4º E.Prim

5º E.Prim

6º E.Prim

44 + 6 NEAE

0

1

0

1

2

0

0

0

 

 NORMATIVA REGULADORA.

 

Decreto 254/2012, do 13 de decembro (DOG 26/12/2012)

Orde do 12 de marzo de 2013 (DOG 15/3/2013)

Orde do 25 de xaneiro de 2017 (DOG 01/02/2017)

 

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA.

 

Presentación da solicitude de admisión

1 ao 20 de marzo

Presentación listaxe provisional

O 23 de marzo

No caso de haber máis solicitudes que prazas:

Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

 

do 3 de abril ao 6 de abril

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e non admitidas

antes 25 de abril

Reclamacións ás listaxes (5 días hábiles despois da publicación destas)

Do 26 de abril ao 7 de maio

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e non admitidas

antes do 15 de maio

Formalización da matrícula en educación infantil e primaria

do 20 ao 29  de xuño

 

Poden consultar toda a información descargando o documento adxunto.

 

A dirección

 

Entroido 2018

O centro informa de que se non chove faremos o desfile tal e como estaba previsto, ás 12:15 na cancha de fútbol.

 

Un saúdo.

 

A dirección

FESTA DO ENTROIDO

O venres día 9 de febreiro celebraremos o entroido.

O acto celebrarase no patio (campo de fútbol) se o tempo o permite. Se non fose posible será no pavillón do centro e non poderán asistir as familias.

O acto comezará ás 12:15, pero as portas estarán abertas 5 minutos antes. Os asistentes deberán colocarse nos laterais da pista de fútbol, que estará marcada cunhas cintas.

Lembramos:

Non se poden facer fotos aos alumnos/as xa que non todos teñen autorización para saír nelas. Se alguén as fai será baixo a súa responsabilidade, quedando o centro libre de posibles actuacións.

A duración aproximada do acto será de 40 minutos.

Grazas pola colaboración.

A dirección

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS

O martes 27 de febreiro e o 6 de marzo realizaremos as xornadas de portas abertas. As familias poderedes visitar as instalacións, coñecer os prazos e procedemento de admisión, etc. Comezaremos cunha charla na biblioteca, situada no segundo andar, ás 17:30. Cómpre anotarse con antelación, chamando ao 886 111 087.

A dirección

 

DÍA DA PAZ

Hoxe 30 de xaneiro celebraremos no noso centro o Día da Paz. A festa comezará ás 13:00. Os asistentes colocaranse nos laterais da pista de fútbol e na parte alta do campo de brilé. As portas abriranse cinco minutos antes.

Lembramos que non se poden tomar imaxes por non telo autorizado todos os rapaces.

 

A dirección.

FORMACIÓN: ATENCIÓN A URXENCIAS SANITARIAS

A Consellería ofrece ás familias a posibilidade de asistir a unha formación de 9 horas sobre atención a urxencias sanitarias, que será impartida por persoal do 061.
Esta formación  desenvolverase no CFR de Vigo (Camiño do Chouzo nº 2, edificio do IME) os días 19 e 26 de febreiro, e 5 de marzo en horario de 16:30 a 19:30.
Para facer a inscrición hai que chamar ao teléfono do CFR de Vigo 986202370 ata o día 9 de febreiro. A selección dos participantes farase por orde de recepción das solicitudes ata cubrir 20 prazas.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut