Skip to Content

blogue deadministrador

Xornadas de portas abertas

Xa poden apuntarse ás xornadas de portas abertas. Para unha axeitada organización é necesario inscribirse chamando ao teléfono 886 111 087.

Xornada " Como Previr, Detectar e Intervir na Violencia de Xénero"

 Rede de Mulleres convidan ás familias dos estudantes á Xornada " Como Previr, Detectar e Intervir na Violencia de Xénero". Esta charla pretende acadar unha maior sensibilización contra as violencias machistas, comprender os procesos que a sustentan e como a educación temperá cos cativos e cativas e cos adolescentes é a principal ferramenta para erradicala. 

Esta Xornada realizarase o venres día 29 de novembro de 10 a 13 horas .
 
Podedes inscribirvos nos seguintes teléfonos: 986 22 23 28 // 670 453 431 ou no correo redemediadorasvigo@gmail.com
 

PROGRAMA "COEDUCANDO NA BARXA"

 

Estimadas familias

O vindeiro mércores 30 de outubro levarase a cabo o primeiro "Obradoiro de educación afectivo- sexual" para familias e profesorado. O comezo será ás 16:30 e contarase cun servizo de ludoteca, gratuíto, para o cal hai que facer unha inscrición previa. 

Agardámosvos a todos!

A dirección.

 

 

 

SAMAÍN 2019

Estimadas familias.

Informamos que o alumnado poderá vir disfrazado ás aulas o mércores 30 de outubro. Os disfraces serán, preferentemente, elaborados polos nenos con materiais de refugallo, etc. Os rapaces/as virán con eles postos dende casa e, no caso de coincidir con sesión de educación física, deben ser cómodos ou fáciles de sacar. Evitarase que conteñan complementos perigosos para o resto da comunidade educativa.

Aproveitamos para recordarlles que o día 31 de outubro e 1 de novembro son "non lectivos".

Un saúdo.

A dirección.

IV XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN

Achegamos información das IV XORNADAS DE IGUALDADE E EDUCACIÓN que terán lugar o vindeiro sábado 19 de outubro de 9:30 a 14:00 horas no IME (Camiño do Chouzo nº 2).

Esta actividade está orientada ás familias, a profesionais de educación...

Para facilitar a asistencia contarán con servizo de ludoteca e de intérprete en lingua de signos.

Poden consultar máis información nos documentos que se achegan.

 

OBRAS NO CEIP GARCÍA BARBÓN

Informamos ás familias que, por mor das obras, non se pode acceder ao centro escolar. Para calquera trámite de secretaría chamen ao teléfono do colexio: 886 111 087.

A reunión de pais de alumnos de 3º de educación infantil mantense para o venres 6 de setembro ás 10 da mañá.

Tamén se mantén a entrega de "fondo solidario de libros de texto" para o venres día 6 de setembro de 12 a 14 horas.

Recordamos tamén que as clases comezan o 11 de setembro.

A dirección

LISTAXES FONDO LIBROS E VALES PARA LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR

Poden consultar as listaxes definitivas de axudas concedidas para a adquisición de libros de texto (alumnado de 1º e 2º de E. primaria) e material escolar (1º a 6º de educación primaria) descargando os arquivos adxuntos.  Poden consultar tamén a listaxe de "fondo solidario de libros de texto" para alumnado de 3º a 6º de primaria, descargando o adxunto ou na corticeira do centro.

NOTA: Achégase listado de establecementos nos que poden canxear os vales de material escolar.

Un saúdo

A dirección

Listaxe provisional FONDO LIBROS

Poden descargar as listaxes provisionais de axudas do Fondo libros (3º a 6º de EP), das axudas para libros de texto (1º e 2º de EP)  e material escolar (Educación infantil e primaria).

Reclamacións ás listaxes ata o venres 5 de xullo, na secretaría do centro, de 9:00 a 14:00.

Listaxes definitivas o luns 8 de Xullo.

Un saúdo

A dirección

PERÍODO DE ADAPTACIÓN ALUMNADO 4º DE EDUCACIÓN INFANTIL

As familias do alumnado que vai cursar 4º de educación infantil no curso 2019/20 poden consultar o período de adaptación dos seus fillos descargando os documentos adxuntos.

Un saúdo

A dirección

LISTAXES LIBROS DE TEXTO. CURSO 2019/20

O alumnado levou nas mochilas as listaxes de libros de texto para o curso 2019/20. Poden descargalas, no caso de ser necesario, clicando no enlace de abaixo.

Un saúdo

A dirección

Distribuir contido


by Dr. Radut