Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para libros de texto e material escolar

Hoxe saíu publicada a Orde que regula:

- axudas para material escolar (alumnos de 1º a 6º de educación primaria, ESO, educación especial)

- axudas para a adquisición de libros de texto (alumnos de 1º e 2º de educación primaria)

- e o fondo solidario de libros de texto (alumnado de 3º a 6º de educación primaria, ESO e educación especial)

 

Información importante: 

1. O prazo para presentar solicitudes comeza hoxe 21 de maio e remata o día 21 de xuño de 2019 (incluído).

2. Os pais, nais, titores ou representantes legais do alumnado serán os encargados de facer a solicitude. A solicitude deberá estar asinada polo pai, nai, titor/a ou representante legal do alumnado, e a súa presentación implicará que acepta as bases da convocatoria, cumpre os requisitos exixidos nela e que son certos os datos indicados na solicitude; así mesmo, que se compromete a conservar en bo estado e a devolver ao finalizar o curso os libros de texto e o material reutilizable recibidos do fondo solidario ou adquiridos coa axuda para libros de texto.

3. As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/ fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Si se fai por esta vía será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común. Si se fai deste xeito (en papel) cubrirase unha única solicitude para todos os fillos que estean admitidos no noso centro para o curso 2019/20, e nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. O alumnado que vai promocionar á ESO deberá entregala no centro no que vai continuar os seus estudos. 

 

Documentación que hai que achegar: poden consultala descargando o ficheiro adxunto, na Orde ou na propia aplicación https://www.edu.xunta.es/fondolibros/

AdxuntoTamaño
Orde fondo libros curso 19-20.pdf1.16 MB
Fondo libros 19 20 Documentación a achegar.doc384 KB
anexo ED330B.pdf2.32 MB


blog | by Dr. Radut