Secretaría
RESERVA DE PRAZA DE CENTROS ADSCRITOS
Estimadas familias de 6º de primaria:
Informamos que o dende o 11 de xaneiro ao 8 de febreiro establécese o prazo de preinscripción para que o alumnado de 6º de Primaria poida solicitar praza no noso centro adscrito (IES Leliadoura). No caso de que quixeran solicitar praza noutro centro que non sexa o IES Leliadoura, deberán presentar a solicitude no centro escollido.
Hoxe foi repartido ao alumnado de 6º o ANEXO I que debén entregar cuberto á dirección do centro nos vindeiros días
INFORMACIÓN COVID-19
ESTIMADAS FAMILIAS:
AQUÍ PODEDES ACCEDER A TODA A DOCUMENTACIÓN E PLANS
RELACIONADOS CO PROTOCOLO COVID-19 DO NOSO CENTRO.
PREME AQUÍ PARA DESCARGAR TODOS OS DOCUMENTOS
DOCUMENTACIÓN PARA BAREMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR
COMEDOR PARA O CURSO 20/21
Estimadas familias,
Como vostedes solicitaron praza no comedor para o curso que vén e non temos praza para todos os solicitantes, temos que baremar, segundo o establecido pola Consellería de Educación, de cara a asignar as prazas.
Para iso teñen que ler esta circular e traer a documentación pertinente en función da súa situación familiar que corresponda.
Ademáis, deben traer cuberto o modelo de Autodeclaración (descargar aquí) cos datos da declaración do IRPF do 2019 que vai xunto a esta nota.
O prazo para entregar toda a documentación na secretaría do centro remata o 26 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. Ainda que recomendamos encarecidamente, para evitar desprazamentos innecesarios, que envíen a documentación (de ser o caso) e o ANEXO II (todos os solicitantes de praza de comedor) ao enderezo electrónico: ceip.frions@edu.xunta.es
Excepcionalmente o impreso de autodeclaración poderase entregar posteriormente se aínda non se fixo a Declaración da Renda 2019.
ORDE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS E DOCUMENTACIÓN A ACREDITAR
A baremación para asignar as prazas de comedor farase tendo en conta a documentación
presentada e os criterios establecidos na na instrución 3/2020 da Secretaría Xeral Técnica, a orde de
entrada no comedor será a seguinte:
1º) Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior, salvo que non variase
substancialmente o criterio polo que foi admitido. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.
2º) Usuarios lexítimos de transporte escolar nos termos establecidos na instrución 1/2019. Neste
caso non se precisará traer xustificación documental.
3º) Alumnado de familias en situación socioeconómica de exclusión social ou con discapacidade superior ao 33%. Deberá adxuntarse certificado de servizos sociais e/ou de minusvalía.
4º) Alumnado de familias numerosas. Fotocopia do libro de familia numerosa.
5º) Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte
documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia. Débese presentar algunhda documentación da referida neste punto.
6º) Outro alumnado do centro que este escolarizado fóra da área de influencia que lle corresponda.
CIRCULAR SOBRE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
CIRCULAR SOBRE FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO
Estimadas familias no DOGA do 19/05/2020 saíu publicada a orden do 12 de maio do 2020 que regula o Fondo Solidario e axudas para material escolar para o vindeiro curso destinadas a alumnado de 1º a 6º. Que poden consultar https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
Debido ás especiais circunstancias que estamos a vivir a forma de solicitar esta axuda vai ser a seguinte. Teñen as seguintes opcións tal como indica a páxina https://www.edu.xunta.es/fondolibros/
A)
Se optan pola vía da presentación electrónica precisarán a Chave 365 ou certificado dixital. Entren en https://www.edu.xunta.es/fondolibros/ e sigan os pasos. Con esta opción non teñen que vir ao centro a nada relacionado con este trámite. Recomendámoslle esta vía, co fin de evitar contaxios que usen esta vía, que é máis rápida e segura. E non precisa cita previa.
B)
Se optan pola vía de presencial deberán vir ao centro cos anexos I e II xa cubertos e asinados, (descarga en https://sede.xunta.gal/doc-invia/rest/anexos/23300466 xunto con copia e orixinal de libro de familia, sentenza de divorcio e/ou certificado de minusvalía se é o caso. Neste caso deberán pedir cita previa a través do correo electrónico ceip.frions@edu.xunta.gal indicando: nome do alumno (ou alumnos no caso de irmáns), día que prefire a cita, franxa horaria (entre as 10:00 e 13:30) para poder acudir ao centro e teléfono de contacto. Responderémoslle o correo co dia e hora fixada.
Para evitar aglomeracións de última hora establecemos un calendario onde que cada curso terá un día fixado de atención preferente da seguinte forma
Luns 25/5 |
Martes 26/5 |
Mércores 27/5 |
Xoves 28/5 |
Venres 29/5 |
1º e 2º EP |
3º e 4º EP |
5º e 6º EP |
1º e 2º EP |
3º e 4º EP |
Luns 1/6 |
Martes 2/6 |
Mércores 3/6 |
Xoves 4/6 |
Venres 5/6 |
5º e 6º EP |
1º e 2º EP |
3º e 4º EP |
5º e 6º EP |
|
No caso de familias con irmáns de distintos cursos poderán elexir o día no que pedir a cita
Só poderá vir unha persoa por familia e deberá traer máscara protectora. Deberase usar xel hidroalcólico ao chegar ao centro.
É moi importante que traian fotocopias dos documentos solicitados e que os impresos estén correctamente cubertos e asinados.
Frións 20 de maio de 2020
Polo ben de todos e todas, coidémonos, cumplamos as normas.
RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21
REÁBRESE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21
Segundo a RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, pola que se dá publicidade a diversos acordos doCentro de Coordinación Operativa da situación de emerxencia sanitaria no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia (Cecop), do 5 de maio de 2020
Poderá solicitar praza dende o luns 11 de maio de 2020 e rematará o luns 18 do mesmo mes.
A secretaría do centro atenderá a recollida e entrega de documentación en horario de 10 a 13:30 horas.
Se alguén precisase outro horario pódese poñer en contacto por correo electrónico co centro ceip.frions@edu.xunta.gal
En Frións a 6 de maio de 2020
Luís Teira Parada
Director
NORMAS PARA SER ATENDIDO/A
REÁBRESE O PRAZO DE RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 20/21
1º Toque o timbre e espere a ser atendido.
2º Como norma xeral, só se permitirá o acceso dunha persoa por cada familia e por quendas.
3º Recoméndase vir con mascarilla.
4º Facilitarémoslle xel hidroalcólico para desinfectar as mans.
Material para a súa casa
Material para a súa casa
Estimadas familias Gracias a colaboración de voluntarios do concello de Ribeira, nos vindeiros días van a recibir o material escolar do seu fillo/a no seu domicilio para que poidan seguir as clases do 3º trimestre.
Polas indicacións que se nos deron, este último trimestre vai ser en gran parte a través de teleformación. Por iso deben seguir as indicacións que colgaremos semanalmente na web https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrions/
Recomendamos encarecidamente que se non o fixeron se den de alta en Abalarmóbil https://www.edu.xunta.gal/espazoAbalar/…/noticia/abalarmobil
Un saúdo moi afectuoso do equipo docente do cole de Frións.
USUARIOS DO COMEDOR ESCOLAR
MATERIAL DIDÁCTICO CURSO 2018/19
MATERIAL DIDÁCTICO E LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2018/19
