DOCUMENTACIÓN PARA BAREMACIÓN DO COMEDOR ESCOLAR

 

COMEDOR PARA O CURSO 20/21

     Estimadas familias,

     Como vostedes solicitaron praza no comedor para o curso que vén e non temos praza para todos os solicitantes, temos que baremar, segundo o establecido pola Consellería de Educación, de cara a asignar as prazas. 

     Para iso teñen que ler esta circular e traer a documentación pertinente en función da súa situación familiar que corresponda.

     Ademáis, deben traer cuberto o modelo de Autodeclaración (descargar aquí) cos datos da declaración do IRPF do 2019 que vai xunto a esta nota.

     O prazo para entregar toda a documentación na secretaría do centro remata o 26 de xuño de 2020 ás 13:00 horas. Ainda que recomendamos encarecidamente, para evitar desprazamentos innecesarios, que envíen a documentación (de ser o caso) e o ANEXO II (todos os solicitantes de praza de comedor) ao enderezo electrónico: ceip.frions@edu.xunta.es

     Excepcionalmente o impreso de autodeclaración poderase entregar posteriormente se aínda non se fixo a Declaración da Renda 2019.

 

ORDE DE ASIGNACIÓN DE PRAZAS E DOCUMENTACIÓN A ACREDITAR

     A baremación para asignar as prazas de comedor farase tendo en conta a documentación

presentada e os criterios establecidos na na instrución 3/2020 da Secretaría Xeral Técnica, a orde de

entrada no comedor será a seguinte:

1º) Alumnado usuario do servizo do comedor no curso anterior, salvo que non variase

substancialmente o criterio polo que foi admitido. Neste caso non se precisará traer xustificación documental.

2º) Usuarios lexítimos de transporte escolar nos termos establecidos na instrución 1/2019. Neste

caso non se precisará traer xustificación documental.

3º) Alumnado de familias en situación socioeconómica de exclusión social  ou con discapacidade superior ao 33%. Deberá adxuntarse certificado de servizos sociais e/ou de minusvalía.

4º) Alumnado de familias numerosas. Fotocopia do libro de familia numerosa.

5º) Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte

documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo;certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia. Débese presentar algunhda documentación da referida neste punto.

6º) Outro alumnado do centro que este escolarizado fóra da área de influencia que lle corresponda.