Novas
BENVID@S AO CURSO 24/25
O vindeiro mércores 11 de setembro comezaremos o curso 24/25 no noso horario habitual co servizos regulares de plan madruga, transporte e comedor.
Permanecede atentos/as á aplicación ABALAR, xa que utilizaremos esta plataforma como única vía para todas as comunicacións.
Moito ánimo a todos e todas!!!
Charla con Odile Rodríguez de la Fuente
O vindeiro xoves 22 de abril ás 10:00 visitaranos Odile Rodríguez de la Fuente,
bióloga e divulgadora medioambiental.
A charla está dirixida ao alumnado de 6º de educación primaria pero
calquera persoa poderá desfrutar da conferencia a través de streaming
no enderezo: https://youtu.be/CHQZHZxhyyg
Animámosvos a desfrutar do "Día da Terra" con nós.
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS ENTRE O ALUMNADO
ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre el alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados concertados no curso 2020/21(código de procedemento ED330E).Orde do 6 de novembro de 2020 (DOG)
BENEFICIARIOS DESTA AXUDA: O alumnado que neste curso 2020/2021 recibiron a axuda para adquirir material escolar, e polo tanto non teñen que solicitala.
PODEN SOLICITALA: O alumnado que non foi beneficiario da axuda para adquirir material escolar por diferentes circunstancias, pero:
a) Perteneza a familias cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
b) Estea matriculado en educación especial, ou suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia ou teña unha discapacidade igual ou superior ao 65 %, con independencia da renta da unidade familiar.
ONDE ENTREGALA:
As solicitudes deberán presentarse presencialmente no centro docente onde
estea matriculado o alumno utilizando o formulario normalizado (anexo I) dispoñible na sede electrónica de la Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Este formulario de solicitude (anexo I) tamén estará dispoñible:
a)No centro docente.
b)No portal educativo http://www.edu.xunta.gal
c)Na páxina web do centro: http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipfrions
CANDO ENTREGALA:
O prazo para presentar as solicitudes será de dez (10) días hábiles contados a partir
do día seguinte a da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia(6/11/2020).
Do día 16 de ata o 27 de novembro .
DOCUMENTACIÓN NECESARIA:
1. As personas interesadas deberán presentar cos solicitude (anexo I) a seguinte
documentación:
a) Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar).
b) Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figuren o/a alumno/a e os demáis membros computables da unidade familiar.
En caso de separación ou divorcio, ademáis deberán presentar a sentencia xudicial e/o convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
INFORMACIÓN INICIO DE CURSO20-21
Información ás familias
4/09/20
Estimadas familias:
Queremos facer do colexio un sitio seguro para os vosos fillos e fillas e polo tanto contade coa implicación de todo o persoal do centro para evitar os contaxios. Tamén sabemos que vos sodes grandes colaboradores co centro e que entenderedes as novas normas.
Estamos traballando na adaptación do Protocolo Covid, pronto o teremos colgado na web pero aínda así hai cousas que xa poden ir sabendo algunhas cousas.
CANDO COMEZA O COLEXIO?
-
O día 10 de setembro incorporarase o alumnado de 4º e 5º de educación infantil 1º, 2º e 3º curso de educación primaria.
-
O día 11 de setembro incorporarase o alumnado de 6º de educación infantil e 4º, 5º e 6º curso de educación primaria.
QUE MEDIDAS XERAIS IMOS TOMAR?
-
Todos os grupos serán estables e tentaremos que en ningún momento da xornada escolar se mezclen con outros grupos.
-
Todas as familias deben tomar a temperatura na casa antes de saír e se pasa de 37,5ºC non poderá vir ao centro. Tampouco pode vir a o centro se ten un dos seguintes síntomas: tose seca, dificultade respiratoria, fatiga severa, dor muscular, falta de olfacto, falta de gusto ou diarrea. Todas as familias van a asinar unha declaración xurada na que se comprometen a isto.
-
Todas as mañáns deberán cubrir unha autoenquisa do seu fillo con posibles síntomas.
-
Haberá xel, panos e papeleira específica en todas as clases e espazos.
-
Os alumnos deberá lavar as mans ou usar xel cando menos 5 veces ao día.
-
Ventilaremos as aulas cada cambio de clase.
-
O alumnado non poderá traer ao colexio nin balóns nin xoguetes que poidan suponer un contacto.
-
Extremaremos as medidas de limpeza.
HAI QUE USAR MÁSCARA?
-
Todos os alumnos deberán traer máscara ao colexio (xunto cunha de reposto na mochila).
-
Os alumnos de educación primaria deberán andar con ela posta en todo momento (salvo no momento de comer).
-
Os alumnos de educación infantil, teñen que traela para usala no autobús, recreos e cando o profesorado estime (a intención é que se use o máximo posible).
COMO VAN SER AS ENTRADAS?
-
Non se poderá acceder ao centro ata as 9:35 (momento que se abrirán os portais).
-
As familias de educación primaria non poderán acceder ao recinto.
-
As familias de educación infantil, so poderá acceder unha persoa por alumno e polo tempo imprescindible para recoller ou deixar ao neno.
-
As familias de primaria non poderán pasar da liña que está pintada nas cancelas.
-
Teremos zonas de espera diferentes para cada grupo para que non se mezclen as clases.
-
Pedimos puntualidade á entrada, xa que ás 10:00 pecharanse as cancelas exteriores e non se permitirá o paso de alumnos ata a seguinte sesión é dicir ás 10:35.
E AS SAÍDAS?
-
Todo o alumnado saldrá do colexio coa máscara posta e non a poderá quitar ata chegar ao domicilio.
-
A orden de saída vai ser un pouco escalonada e queda da seguinte forma:
Hora |
Alumnado que sae |
14:35 |
Alumnado dos 3 cursos educación infantil non trasportado (só pode acceder un familiar por alumno) |
14:45 |
Alumnado transportado en autobús de todos os niveis. |
14:50 (ou cando marchen os autobuses) |
Resto de alumnado que o veñen a buscar os país. |
COMO VAI SER O TEMA DO AUTOBÚS?
Todo o alumnado ten que vir con máscara e irá sempre na mesma praza de autobús.
-
E O COMEDOR?
-
Imos facer dúas quendas de comedor.
-
No comedor teremos mamparas de protección e cada alumno comerá sempre no mesmo sitio.
-
Como medida de prevención anticovid, este ano non van limpar os dentes despois de comer no comedor.
-
Indicar que este ano non vai haber actividades extraescolares no centro, nin tampouco vai a estar aberta a biblioteca pola tarde.
VAI HABER PLAN MADRUGA?
-
Si vaise encargar da súa xestión a ANPA. Pero este ano como medida de seguridade o acceso ao recinto vai ser polo portal traseiro que está ao lado das pistas.
COMO ME COMUNICO CO CENTRO?
-
Debemos evitar ao máximo todos os desprazamentos innecesarios ao centro, polo tanto para falar con calquer membro do equipo directivo pode canalizar a súa cuestión via correo electrónico (ceip.frions@edu.xunta.gal) ou ao teléfono 881867027 (preferentemente por correo electrónico). Se a reunión presencial é imprescindible deberá ser concertada previamente.
-
As titorías deben ser preferentemente por teléfono ou vídeo conferencia, no caso de que teña que ser presencial deberá pedir cita previa ao seu titor.
-
O que lle pedimos é que se teñen algunha dúbida se poñan en contacto con nós, preferentemente por correo electrónico.
MOITAS GRAZAS POLA SÚA COLABORACIÓN
TAREFAS DO 14-17 DE ABRIL
TAREFAS PARA A SEMANA DO 14-17 DE ABRIL
PINCHA NO TEU CURSO PARA ACCEDER A TODAS ACTIVIDADES
MOITO ÁNIMO A TODOS E TODAS
CELEBRACIÓN DO DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER
O 25 de novembro celebramos o Día Internacional da Eliminación da Violencia conta a Muller. Para iso, todo o centro traballou sobre a canción en linguaxe de signos "La puerta violeta", de Rozalén. Durante esta xornada, os nenos e nenas xuntáronse para signar a letra e finalmente, agrupáronse formando o lazo violeta.