Skip to Content

Educación Infantil

Saida "A casa do queixo"

O venres 5 de maio o alumnado de 6º de INFANTIL visitamos “A casa do queixo” de Grixalba en Sobrado dos Monxes. Alí visitamos os animais e explicáronnos diferentes curiosidades deles, fixemos queixo, tivemos un obradoiro de lá e elaboramos unha tartaruga con material de regugallo. Pasámolo moi ben e disfrutamos do día.

 

Música Galinova "A granxa"

Para ver fotos CLICK AQUÍ

Doa Ocampo

A volta das vacacións de Semana Santa puidemos ver como a pintora Doa Ocampo daba as últimas pinceladas aos murais con motivos florais do edificio de infantil da nosa escola.

Campaña Municipal Animación a Lectura

 

                                                                   

 

O alumnado de 6º de Infantil, asistiu o luns 27 de marzo a sesión de inauguración da XVII Campaña Municipal de Animación a Lectura "Unha última carta", organizada polo Concello de Santiago e a Editorial Kalandraka.

                   

Contacontos Sofía Maul

O mércores 15 de marzo, todo o alumnado de Educación Infantil, reuniuse na Biblioteca, para disfrutar dunha sesión de contacontos a cargo de Sofía Maul, contadora de historias procedente da illa de Madeira. Esta actividade enmárcase dentro da programación do Festival Atlántica. A Ampa, colaborou coa actividade.

     
   

Blog de Educación Infantil do colexio

Aquí podedes atopar o enlace para acceder ao blogue feito polas profesoras de Educación infantil

BLOGUE

Distribuir contido


by Dr. Radut