Skip to Content

BLOG DE DINAMIZACIÓN DA LÍNGUA GALEGA

CONCURSO POSTAIS NAVIDEÑAS

O EDLG do CEIP das Fontiñas desenvolveu como cada ano, o 11º Concurso de Postais de Nadal 2022 resultando gañadoras as postais do seguinte alumnado:

Categoría de Educación Infantil:

Emma Rodeiro Ferro 6ºB de EI

Categoría de Educación Primaria:

Inés Iglesias Vega 6ºA de EP
Noraboa as ganañoras!!

Con este agasallo queremos felicitar as festas
de Nadal á comunidade educativa.

O OUTONO QUE VEN OS MEUS OLLOS

Dende o equipo de Dinamización da Língua Galega, agradecemos a vosa participación nesta actividade.

Agardarmos que disfrutedes desta composición realizada coas vosas fotografías.

 

 

 

Proxecto Carballo Calero: vídeo do alumnado de 5ºB

Con motivo da conmemoración do Día das Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero, a clase de 5ºB levou adiante unha marabillosa iniciativa. Non fai falla ningún comentario más, só facer clic no vídeo e desfrutar del. 

Noraboa ao alumnado participarte e grazas polo esforzo.

 Se non podes ver o vídeo, pincha no seguinte enlace:

https://drive.google.com/file/d/11cUzkTel_BiItGgtOJvm35NQuAav7aNB/view?usp=sharing

 

 

Día das Artes Galegas

"Día das Artes Galegas 2017", adicado a Maruja Mallo.

Podemos escoitar unha entrevista feita nunha aula do cole a pintora. Fai click aqui

 

 

Concurso relatos curtos polo ENTROIDO!

Como xa sabedes, o artista Yoseba Muruzábal está realizando un impresionante mural na parte traseira do noso colexio. Trátase dunha superavoa capaz de asar un polo co poder da súa vista.

Propoñemos un concurso de relatos curtos, nos que esta avoíña, chamada Balbina, debe ser a protagonista.

Os textos teñen que estar en galego e non poden pasar de dous folios. tedes que entregarllos ás titoras ou titores antes do 6 de marzo.

Animádevos a participar!. Haberá sorpresas...

XA ESTÁ AQUÍ O ENTROIDO!

Mira o noso vídeo un pouco máis abaixo nesta mesma entrada e as fotos da GALERÍA (premendo nesta imaxe).

Como todos os anos O ENTROIDO vaise achegando. Este ano queremos darlle a benvida coas Mecas de E: Infantil e Primaria. Son FRIDA e BALBINA. Achégate ao colexio para ver que che mandan. Hai que facerlles moito caso.

 

O venres remataremos cunha  festa rachada en E. Infantil e E. Primaria con degustación de productos típicos, música, desfiles de comparsas...

E así o celebramos en E. Primarria e en E. Infantil.

 

 

 

VIVA O ENTROIDO!

Xa está aquí, como cada ano, O ENTROIDO!. A próxima semana estaremos de celebración. Hai que vir preparados.

As nosas dúas Mecas FRIDA e BALBINA mandan!

O venres remataremos cunha  festa rachada en E. Infantil e E. Primaria con degustación de productos típicos, música, desfiles de comparsas...

 

 

Celebramos un Magosto

O día 11 de Novembro tivo lugar no noso cole, tanto no de E. Infantil como no de E. Primaria, un magosto con festa rachada,  música acompañando e bailoteo, como non podía ser menos!. VIVA O MAGOSTO!

Viva o Magosto!

Recordamos a todas e todos que o próximo luns, día 11 de novembro (San Martiño) celebraremos como todos os anos un GRAN MAGOSTO!

CABAZAS DE TODOS E TODAS!

Traede a vosa cabaza e outros productos do outono. Serán expostos no cole como todos os anos para deleite de nenos e nenas e personas maiores!

Distribuir contido


by Dr. Radut