Skip to Content

BLOG DA BIBLIOTECA

Contacontos da mestra Raquel na biblioteca

O 30 de novembro, na hora de ler no espazo da biblioteca, os cursos de 2º de E. Primaria participaron no contacontos que a mestra Raquel Martínez tivo a xentileza de realizar para o gozo e desfrure de todos e todas, tanto alumnado como profesorado.

 

MÁIS IMAXES NO ENLACE Á GALERIA

Contacontos na biblioteca

As visitas dos nenos e nenas de Infantil á biblioteca sempre rematan en premio. O premio de escoitar e participar dos contos.

 

SAMAÍN na biblioteca

Exposición de libros de terror

 

Terror en Fontiñas

Os contos de terror son moi atractivos para as nenas e nenos. En lugar de pasalo mal divírtense escribindo e lendo ás escuras, só coa axuda dunha lanterna e da súa perversa imaxinación...

 

.

Aquí podedes ver aos nenos e nenas de 3ºA en plena actuación, lendo e contando os contos da súa autoría.

 

 

24 de Outubro : día das bibliotecas

15 DE OUTUBRO: DÍA DAS ESCRITORAS

Desfrutade da exposición de obras de escritoras  de distintas épocas e lugares. Achegádevos e entrade na lectura das súas obras.

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa está en marcha a actividade das Mochilas Viaxeiras como nos cursos anteriores. Este ano serán 10 mochilas en E. Primaria e 6 en E. Infantil.

Ademais, as bolsas de libros que van en veñen, contribúen a esta viaxe aos fogares da rapazada que utiliza semanalmente a nosa biblioteca.

UNHA BIBLIOTECA ESCOLAR EN VIÑETAS

A Consellería ven de publicar o cartel, co lema correspondente, para as bibliotecas escolares de Galicia no curso actual.

Unha biblioteca escolar en viñetas é o lema escollido para un cartel marabilloso do ilustrador e artista Jorge Campos.

Máis información no enlace:   

https://www.edu.xunta.gal/biblioteca/blog/?q=node/1737

(

 

COLABORADORAS/ES

Como todos os anos, a biblioteca implica ao alumnado nas labores propias da mesma.

Este curso, as nenas e nenos voluntarias/os de 6º de Primaria están repartidos en 6 grupos que, durante os recreos, colaboran activamente coa biblioteca ao mesmo tempo que aprenden o seu funcionamento e dinamización.

 

NOVO CURSO: 2023-2024

BENVIDAS E BENVIDOS Á NOSA BIBLIOTECA!

Un curso máis, a nosa biblioteca comeza as actividades. Agardámosvos nela como todos os anos. Xa está aberta e funcionando.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut