Skip to Content

Charla sobre o CONTROL DA MIOPÍA

Charla informativa sobre a Campaña para o control da miopía, desenvolvida por persoal da Facultade Óptica e Optometría da Universidade de Santiago de Compostela

Xoves, 9 de novembro ás 18:00 horas

Na biblioteca do CEIP das Fontiñas

VISITA AERÓDROMO MILITAR DE SANTIAGO 18 10 23

Onte o alumnado de 2º de E. Primaria foi de visita ao aeródromo militar de Santiago de Compostela.

Alí explicáronnos as funcións que realizan, ademais dunha formación express en supervivencia e puidemos acceder ao interior dun hidroavión de extinción de incendios. Ao remate, o persoal das instalacións agasallou a cada neno/a cun póster moi chulo.

Moito nos gustou esta visita!!

Álbum: 2023 2024 -> AERÓDROMO MILITAR 18 10 23

Sesión monicreques."Renata" Festival Galicreques 13 10 23

Hoxe o alumnado de 1º e 2º de E. Primaria disfrutou dunha sesión de monicreques do Festival Galicreques no edificio da SGAE. A obra titulábase "Renata", da compañía arxentina El Lucero.

A historia trataba dun científico retirado, que dedica a súa vida á procura da fórmula para rexuvenecer. Coa súa pequena neta Renata, na súa casa por uns días, enfrontarase a un temible ladrón.

No enlace podedes ver un pouco da historia:

https://youtu.be/04huKlH3eeA?si=N4UVgksnKTvsbxsJ

Álbum: 2023 2024 -> galicreques 13 10 23

MERENDA DE REENCONTRO

Na mañá de hoxe, 9 de outubro, o alumnado de 5ºA e 5ºB gozou dunha merenda de reencontro cos seus antigos compañeiros de terceiro e cuarto. A merenda foi no mirador que hai preto do colexio. Tamén tiveron ocasión de xogar xuntos.

Álbum: 2023 2024 -> MERENDA REENCONTRO 9 10 23

TALLER MICÓFILO 26 09 23

Hoxe recibimos na nosa biblioteca a visita de Miriam , da asociación AMABUL, ve a falarnos da importancia ecolòxica e ambiental dos cogomelos. Todo dentro da exposición WOOD WIDE WEB a rede que da vida ao planeta. Foi moi entretido e aprendemos a importancia dos recursos micolòxicos para a conservaciòn dos nosos bosques.

Álbum: 2023 2024 -> taller micófico 26 09 23

HORARIOS - ENTRADAS/SAÍDAS

HORARIOS 1º DÍA LECTIVO

CALENDARIO ESCOLAR 2023/2024

LIBROS DE TEXTO 2023/2024

PRESENTACIÓN CEIP FONTIÑAS

Distribuir contido


by Dr. Radut