Skip to Content

O monstro verde das 1000 caras

PROXECTO LECTOR

GO AWAY BIG GREEN MONSTER

1ºA E 1ºC  2019 /2020

 

Ola de rapaces e rapazas. Ata o de agora, xa vimos ao monstro verde do libro, recordas?:

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley 

 O outro día no pavillón vimos aos monstros verdes que hai no noso colexio e vos enfrentastes a eles:

Agora ides a coñecer ao monstro verde das 1000 caras. Sodes os primeiros estudantes en velo, ninguén antes foi capaz de ver tódalas súas facianas. Estades listos para ver o vídeo? Preme na imaxe e prepárate para as sorpresas.

 

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley

 Agora que xa viches o vídeo, podes intentar ti mesmo atopar catro animais que se colaron entre todas as caras do monstro. Os animais que tes que buscar son: un cocho, unha gatiña, un dragón e un unicornio.

 imaxes derivadas por Toni Fraga das orixinais dispoñible en www.freepik.es

 

Recorda, teslle que lle dar ao ZOOM no teu ordenador, móbil ou tablet para poder atopalos pois son moi pequeniños. 

Imos aló, preme na imaxe.

 

imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal do libro "Go away big green monster" by Ed Emberley

 

E para terminar, se tes moitas dificultades para atopar os animaliños, non te preocupes. É normal, son moi escorregadizos. Pero eles non saben que o voso mestre vos pode axudar un pouquiño. Déixovos aquí a solución, pero só se o intentastes de verdade e non fostes quen de dar con eles.

Ahhhh, podedes xogar cos vosos pais, ou podedes retalos, pero recordade: non lle digades que sabedes onde están.

Clica na imaxe para saber a solución:

 

 

                                                                  imaxe derivada por Toni Fraga da orixinal dispoñible en www.freepik.es

 

Espero que vos guste e que pasedes un bo rato buscando aos animais.

 

 



page | by Dr. Radut