Skip to Content

CLASSCRAFT 5º D

CLASSCRAFT é unha ferramenta lúdica e motivadora para traballar diferentes aspectos dun aula a través do xogo. O alumnado elixe unha personaxe que poden modificar ao seu gusto para facelos máis atractivos para eles.

      Neste caso, o alumnado de 5º D puxo a proba os seus coñecementos adquiridos ao longo do tema da Idade Moderna nunha “batalla de xefes”. A “batalla” consiste en dar resposta a 25 preguntas relacionadas co traballado para gañar puntos de experiencia (XP) e conseguir derrotar a un dos xefes malvados cos seus acertos quitándolle puntos de vida (HP). Non foi doado conseguir a vitoria, pero finalmente lográrono!



page | by Dr. Radut