Skip to Content

PROCEDEMENTO ADMISIÓN ALUMNADO EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS CURSO 2021-2022

SOLICITUDE DE RESERVA DE PRAZA PARA ALUMNADO DE 6º E.P.

A partir do 11 de xaneiro iníciase o prazo para proceder á reserva de praza  nos centros adscritos do alumnado que está a cursar 6º de  E.P. na actualidade.

Aquel alumnado que desexe continuar os seus estudos no IES Eusebio da Guarda  deberá cumprimentar o impreso de reserva de praza correspondente (ED550A) e entregalo na Secretaría do noso Centro.

As solicitudes poden atoparse na aplicación “admisionalumnado” na páxina da Consellería de Educación.

O procedemento a seguir é  calquera destes tres:

Descargar o impreso, cubrir e asinar a man. Presentar na Secretaría do Centro.

Cubrir en liña, descargar e asinar a man. Entregar na Secretaría do Centro.

Cubrir en liña e presentar a través da Sede electrónica (para esta opción lembrade que é preciso contar co DNI electrónico ou o Certificado dixital).

Prazos: do 11 de xaneiro a 8 de febreiro.

Aquel alumnado que desexe continuar estudos noutro centro distinto non precisa cubrir este impreso debendo esperar ao prazo ordinario (1 de marzo) para solicitar praza no centro da súa elección.

IMPORTANTE: a presentación de solicitude noutro centro estando vinculado por reserva implica perda do dereito de prioridade (artigo 11.3 e 34.1b)



blog | by Dr. Radut